25 feb 2009

O Segrel, todo un modelo a seguir

Editado no seu blog o mércores 25 de febreiro de 2009

Xa sei que todos os mércores as nosas entradas teñen que ver coa fotografía, e este mércores non ía ser menos, pero a diferencia dos anteriores, nesta ocasión o protagonista non é ningún fotógrafo ou fotógrafa de renome, esta vez os protagonistas imos a ser nós, as nosas fotografías, que se ben non están feitas por profesionais, o que non se nos pode negar é gañas e moito empeño en facelas o mellor posible.

Nesta ocasión o tema é a nosa última actividade, OS SACAPENAS.

Moitos de vós non deixades de preguntarnos que cando comezamos, sobre todo dende que víchedes feita a nosa primeira moneca sacapenas. Pois como ides comprobar a través deste novo recurso que hoxe vos presentamos o PhotoPeach, e que xa o víramos con outra das súas posibilidades, como non, en A Nosa Boa Inspiración, xa estamos máis que preparados para embarcarnos nesta fermosísima empresa. Enviar cariño e calor onde tanto están a sofrir.

Velaí tedes a película do que estivemos a facer nestas dúas últimas semanas, ademais de organizar o entroido, que non estivo mal, non si?


Ide elixindo modelo que o xoves comezamos !!

3 comentarios:

bibliotecadocole dijo...

Pois a min gustanme todos, que lindos son,canta ilusión transmiten,...!

Beni dijo...

Eu non daría feito un, sejuro. Pero grazas pola nova ferralla das afotos.

Leo dijo...

¡Canta marabilla! A presentación lembroume... outros tempos das clases de manualidads na escola (cando eu era alumna!)
Nós tamén comezaremos estes días.

Dende O Segrel (IES de Fene), sacapenas para Gaza

Editado no seu blog o martes 24 de febreiro de 2009

Unha antiga tradición guatemalteca di que cando @s nenos teñen unha pena, lla contan ao moneco sacapenas que colocan baixo a almofada antes de ir durmir. Ao espertar as penas terán desaparecido.

Dende o CEIP A Rúa (Cangas) xurde unha fermosa iniciativa que consiste en facer monecos sacapenas para enviar aos nenos e nenas de Gaza. O obxectivo é que sintan a solidariedade e o agarimo dos nenos e nenas galegas, que sintan que non están sós.

Esta proposta foi moi ben acollida tanto polo profesorado do grupo da biblioteca como polo alumnado do noso instituto así que decidimos organizármonos.

Sabela, profe de galego e especialista en todo tipo de manualidades, é a que dirixe o "obradoiro" para o profesorado, nós somos os primeiros que temos que aprender para logo traballar co alumnado. Xa nos aprendeu a facer dous tipos distintos de monecos, gorros de ganchillo, vestidos, perrucas... en fin, que esto xa comezou e agora non haberá quen nos pare...

Pero esta iniciativa non quedou no centro, xa saíu fóra del, de feito, algúns dos membros das nosas familias tamén están a botar unha man. Disque a unión fai a forza...

20 feb 2009

Os sacapenas e os dragóns da Paz do CEIP A Rúa, camiño de Gaza

Por fin, o xoves 19 de febreiro, os nosos sacapenas, elaborados polos nenos e nenas de 1º de Primaria, e os dragóns da Paz, realizados polos cativos/as de 5 anos, van camiño de Gaza.





Ilusiónanos aínda máis saber que van directamente ós hospitais, onde máis se precisan.







Estamos felices :-) pletóricos/as,
non collemos dentro de nós!!


Os nosos mellores desexos corren,
mellor dito, voan cara a Gaza.



Xa podedes enviar os sacapenas a Gaza

Compañeiros/as:

O mércores avisáronnos que podiamos enviar sacapenas dende Santiago por Médicos do Mundo, xa que ían dar unha conferencia en Santiago e podían levalos directamente ós hospitais de Gaza. Desgraciadamente, co pouco tempo co que contamos, só puidemos enviar os do CEIP A Rúa, que xa están de camiño :-) De todas formas, indicáronnos que, en canto teñades os sacapenas feitos, podedes remitilos a este enderezo, á atención de Amina:


R/Montero Ríos, nº 23, entrechán

15706, Santiago

Deberedes envialos nunha caixa e axuntar un albarán.

Pregariámosvos que antes de envialos fixerades unha entrada no voso blog para que logo podamos copiala no dos Sacapenas. Para isto, enviádenos por favor un correo indicando que está lista a entrada:

ceip.arua@edu.xunta.es


Consideramos oportuno envialos antes das vacacións de Semana Santa para non demorarnos excesivamente.



Unha aperta afectuosa a todos e todas :-)


18 feb 2009

Conferencia de Médicos do Mundo sobre o sufrimento de Gaza


Xoves, 19 de febreiro ás 20:00 horas en Santiago no Salón de actos da Fundación Araguaney. Participarán Davide Ziveri, Psicólogo responsable do Grupo Estatal de Médicos do Mundo sobre Palestina e Ricardo Angora, ciruxán ortopédico, recién chegado da intervención de emerxencia de Médicos do Mundo en Gaza.

17 feb 2009

A Fundación Araguaney fala da solidariedade dos nenos/as galegos/as con Palestina



Los niños gallegos se solidarizan con los niños de Palestina

Publicado el jueves, 12 de febrero de 2009




En las últimas semanas las muestras de solidaridad con la población de Gaza se han ido multiplicando por toda Galicia.
Destacan varias iniciativas en escuelas e institutos gallegos que se solidarizan con los niños de Palestina, tras el genocidio al que se han visto sometidos los habitantes de Gaza el mes pasado.

Entre estas iniciativas el CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo nos ha enviado un cuaderno con dibujos elaborados por sus alumnos que hace alusión a su deseo de paz para los niños palestinos. Este cuaderno será llevado a Gaza acompañando a la ayuda humanitaria que se está recogiendo en la Fundación Araguaney.

Por otra parte los niños del CEIP "A Rua" de Cangas han elaborado con sus propias manos unos muñecos "quitapenas" que también se enviarán a Gaza.
Esta iniciativa ha tenido mucho éxito y se han adherido ya tres colegios más que, a parte de elaborar estos muñecos, han creado un blog donde colgarán información sobre esta actividad.

http://sacapenasparagaza.blogspot.com/

En La Estrada, el IES "Antón Losada Diéguez" junto con dos institutos más de La Estrada están preparando un acto especial para el próximo 27 de marzo en el que expresarán la solidaridad con Palestina a través de la poesía. Este acto contará con la colaboración, vía teleconferencia, de Ghaleb Jaber, presidente de la Fundación Araguaney, y de los escritores gallegos Antía Otero, Pilar Beiro, Antón Lopo ( PEN Club) y Cesáreo Sánchez Iglesias (AELGA).

Como organizarnos

Compañeiros/as:

Estamos felices de compartir convosco a proposta de enviar Sacapenas aos nenos e nenas de Gaza. Co ánimo de buscar un lugar común onde atoparnos, presentámosvos o blog “Sacapenas para Gaza”:

http://sacapenasparagaza.blogspot.com

Desexamos que participedes achegando os vosos sacapenas, propostas, comentarios, informacións, suxestións... A idea inicial é que o xestionemos dende o CEIP A Rúa. Pensamos que poderiades publicar nos vosos respectivos blogs as vosas entradas e, mediante un correo, avisarnos para incluílas no blog dos Sacapenas. Que vos parece?

Respecto dos envíos a Gaza, estamos pendentes de que a Fundación Aguaraney nos indique cando e como envialos, vía Santiago ou vía Madrid. De tódolos xeitos, cremos que hai posibilidades de facer máis dun envío, así que podedes dedicarvos plenamente ó entroido. En todo caso, os sacapenas deberían estar todos listos alá para finais de marzo, para intentar envialos antes de Semana Santa. Manterémosvos informados/as.

Se tendes algunha dúbida, aquí estamos.

Unha aperta afectuosa a todos e todas.

9 feb 2009

A carta para Gaza traducida ó árabe


Sacapenas do CEIP A Rúa, galería de imaxes


رسالة من أطفال مدرسة "آ روا"
مرحبًا بكم يا اطفال فلسطين
نحن جماعة من تلاميذ أول صف من المدرسة الإعدادية "آ روا" من قرية آانغس في
شمال غرب أسبانيا.
نرسل لكم بعض الألعاب التقليدية لكي تفزعوا عنكم الخوف. يمنكم أن تضعوهم تحت
المخدة و في الليل تكلموا معاهم وتشرحون لكل واحد خوف و بعد ذلك ربما تحسون
بالإرتياح.
نحن نتمنا أن الحرب ينتهي و لا نريد أن الناس تموت. نريد أن حكام فلسطين و اسرائيل
يجلسون و يتحدثون عن السلام.
نرسل إليكم تحياتنا و هذه الألعاب لكي نفرحكم.
ماريو
آانديلا
سيرخيو
سكينة
الفارو
أنيرة
روبين
يانيرة
نيكولاس
آريستينا ج.
لاورة
نيستور
أندريا
بيدرو
يان
حنان
أنتون
سيليستي
آريستينا و.
إينيس
سانتي

Agradecemos á Fundación Araguaney a súa colaboración, traducindo a nosa carta


5 feb 2009

Aquí tendes os sacapenas e a carta para os nenos e nenas de Gaza

Sacapenas para que os/as pícaros/as de Gaza volvan sorrir :-)


Esta é a carta que imos enviar aos nenos e nenas de Gaza.
Falamos cunha ONG que se vai encargar de que chegue ao seu destino.
Tamén van traducila ao seu idioma, para que a comprendan.



Ola, nenos e nenas palestinos:

Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo, en Galicia (España).


Mandámosvos sacapenas para sacar o voso medo. Compartídeos e poñédeos debaixo da almofada. Contádelle unha pena a cada un porque así quedaredes máis tranquilos.

Queremos que pare a guerra dunha vez por todas e que non morran máis persoas. Que dialoguen os xefes de Gaza e Israel.


Moitos bicos de todos e todas e que os sacapenas vos poñan contentos.

Mario, Candela, Sergio, Soukaina, Álvaro, Anira, Rubén, Yanira, Nico, Cristina G., Laura, Néstor, Andrea, Pedro, Ían, Hanane, Antón, Celeste, Cristina O., Inés e Santi


A carta percorrerá 4000 kilómetros, o que podedes observar neste mapa.



Visualizar o mapa ampliado

13 comentarios:

Chus dijo...

Estes sacapenas feitos con tanto esmero e cariño seguro que lograrán tranquilizar aos nenos e nenas, como di Cristina.
Felicidades por este traballo.

bibliotecadocole dijo...

Parabens por esa iniciativa tan bonita. Seguro que os nenos e nenas de Gaza van sentirse menos tristes con eses Sacapenas.

Endora dijo...

Estupenda iniciativa. Todo polos nenos, que son a víctimas máis inocentes nos conflictos.

Emilio dijo...

Unha idea fermosa; seguro que ten bos resultados, o cariño sempre o ten.

Liliana dijo...

É unha iniciativa fermosa.
Como debemos facer os sacapenas para donar?
unha aperta!

adelaida dijo...

qué idea tan bonita...Ogallá chegara a Gaza unha pequena parte do cariño que hai neses bonecos.

O Segrel do Penedo dijo...

Aos mozos e mozas de O Segrel e a moitos profes encantounos a idea de fabricar Sacapenas para os nen@s de Gaza e xa estamos argallando como facelo. Así que xa sabedes, contade con nós para levar adiante esta fermosísima iniciativa.
Bicos de mel dende Fene !!

Ana dijo...

Liliana, grazas polas túas palabras. Os sacapenas nós fixémolos con pasta de madeira (figuras planas), teas recortadas e pegadas para a roupa e plastilina para ollos, nariz e boca. Simplemente utilizamos este procedemento para que fosen máis sinxelos para os nenos e nenas, pero poden facerse como é a tradición guatemalteca: con dous paus cruzados e coséndolle teas.

Ana dijo...

Grazas,compañeiras de Quintela, por valorar o traballo e a solidaridade dos nenos e nenas do CEIP A Rúa.
Un bico de Cangas a Moaña, pola "vía rápida".

Ana dijo...

Ao profesorado e aos mozos e mozas do Segrel:

Agradecémosvos de corazón que vos sumedes a esta iniciativa. Contamos convosco. A ver se atopamos algún medio de facer o envío, por agora aínda non temos nada concertado.
Xa que chega o entroido,
bicos de chulas dende Cangas!!!

Ana dijo...

Emilio,o resultado xa está aquí, o teu cariño recibímolo en forma de comentario e sumarémolo ós que enviaremos ata Gaza.
Grazas

Ana dijo...

Adelaida, ten por seguro que chegará a Gaza empuxado polo teu alento.
Un bico afectuoso dende Cangas.

Ana dijo...

Endora, grazas polo teu comentario. Estou de acordo, os nenos e nenas son as víctimas inocentes dos conflitos bélicos e, non só iso, probablemente arrastrarán as secuelas de por vida, sendo adultos que medrarán no resentimento. Por todo isto, educar para a paz é o noso labor máis salientable.

Unha aperta afectuosa dende Cangas




Sacapenas para os nenos e nenas de Gaza


Os cativos de 1º estamos moi tristes pola guerra de Gaza.

O outro día a profe Ana leunos o libro Sacapenas. Fala da tradición guatemalteca de colocar sacapenas, monecos pequeniños, debaixo da almofada por cada pena ou preocupación que teñas, así desaparecerá.

Decidimos enviarlles ós pícaros/as de Gaza uns sacapenas elaborados coas nosas mans. Acompañarémolos cunha carta que estamos a redactar.

Estes días falamos de moitas cousas:

-"Temos que parar esta guerra XA! Cos sacapenas non imos parala " :-( , dicía Soukaina.

- "Xa sabemos que non imos parala, pero os nenos quedarán máis tranquilos", comentaba Cristina.

-"Para unha pena tan grande necesitabamos un sacapenas tan grande coma un coloso", engadía Sergio.

Animamos a tódolos nenos e nenas do cole a que tamén elaboren sacapenas para envialos a Gaza, son moitos e están moi tristes, seguro que o agradecerán.

Aquí deixámosvos unhas fotos do que estamos a facer.
En canto teñamos redactada a carta colgarémola no blog.


Facendo sacapenas con pasta de madeira.



A profe Rosana tróuxonos uns sacapenas de verdade para que puideramos ollalos.

7 comentarios:

caetano dijo...

¿En que medio de transporte viaxaran os sacapenas?

Xosé dijo...

Probablemente farano en avión, pois con tanto temporal vai ser difícil que cheguen en barco ;-)

adelaida dijo...

qué bonecos tan bonitiños...

Leo dijo...

Os nenos e nenas de Malpica, tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
¿Cantas penas poderemos sacar entre todos/as?
Grazas por tomar a iniciativa.

Leo dijo...

Os nenos e nenas de Malpica tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
¿Cantas penas sacaremos entre todos?
Grazas por tomar a iniciativa.

Ana dijo...

Grazas, Adelaida,pola túa sensibilidade. Foron feitos con moito amor e ilusión e iso nótase.
Unha aperta dende Cangas.

Ana dijo...

Leo, que felices nos facedes sumándovos á nosa iniciativa!
Grazas a vós por compartila connosco.
Non sei se sacaremos moitas penas pero axudaremos a coser algunhas feridas abertas, estou segura!!
Unha aperta afectuosa a todos e todas