16 dic 2009
Bo Nadal 2009 e Próspero Aninovo!
2 dic 2009
Os dereitos da infancia dende Malpica, Moaña, Ferrol e Cangas
Unha fusión da visión de nenos/as de distintas partes de Galicia sobre os Dereitos Humanos.
Que bonito!
Apetecíanos incluír os debuxos dentro da presentación que fixeron no CEIP Milladoiro de Malpica con fotos de Sebastiao Salgado, pero non fomos quen :-(
23 nov 2009
O Segrel do Penedo (IES de Fene), 20 aniversario dos Dereitos dos Nenos/as
20 de Novembro, 20 aniversario dos Dereitos dos Nenos/as
Hoxe, 20 de novembro, celébrase o 20 aniversario da Convención do Dereitos dos Nenos e Nenas.
Esta Convención é un tratado das Nacións Unidas que recolle en 54 artigos todos os dereitos -civís, culturais, económicos, políticos e sociais- dos menores de 18 anos.
Os gobernos, aceptando os principios desta Convención, comprométense a protexer os dereitos de nenos, nenas e xoves.
Pero hoxe, 20 anos despois desa Convención, os datos dinnos que eses dereitos non están a ser respectados:
- 126 millóns de nenos e nenas están a ser explotados laboralmente no mundo.
- 250.000 nenos e nenas reclutados para as guerras en distintos países do mundo.
- 1 de cada 12 nenos morre antes dos 5 anos.
Que estamos a facer nós para que isto sexa así?
Para ver, ler e saber máis...
Os Dereitos d@s Nen@s
Educared
A Convención
Unicef
Lecturas
O Meu Libro dos Dereitos
Mafalda Reivindica Os Dereitos dos Nenos
El País Semanal - Reportaxe
"Nuestro Pequeño Mundo"
Imaxes
Fotogalería El País
The Rights of the Child - Unicef (1)
The Rights of the Child - Unicef (2)
Xogos
Unicef
CEIP Milladoiro, Dereitos Humanos
21.11.09
Dereitos humanos
O vindeiro Día 10 conmemoraremos o aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Para introducir o resto das actividades que temos preparadas, preparamos esta presentación. Se pinchas aquí verála desplegadiña coma un libro.
As fotos son todas de Sebastiao Salgado.
Declaración dos Dereitos dos nenos/as en Galego
CEIP de Andrade. 20 de novembro, Un día para a reflexión
19/11/09
20 de novembro. Un día para a reflexión
O venres ,20 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos de Nenas e Nenos, ou Día Mundial da Infancia. Neste enlace atoparedes a enumeración e explicación destes dereitos:
CAMPAÑA DE PUBLICIDADE CONTRA O CASTIGO FÍSICO INFANTIL:
TAMÉN TEMOS DEBERES: "DEREITOS E DEBERES DAS NENAS E NENOS."
O CEIP de Pazos celebra dos Dereitos dos nenos e nenas
viernes 20 de noviembre de 2009
Celebramos os Dereitos dos nenos e nenasPublicado por Chispa
0 comentarios Enlaces a esta entrada Etiquetas: Dereitos dos nenos e nenas
viernes 20 de noviembre de 2009
Dereitos do Neno e da NenaPublicado por Chispa
Etiquetas: Dereitos dos nenos e nenas
CEIP de Pazos, os dereitos dos nenos en linguaxe de signos
Publicado porChispa no blog da Biblioteca do CEIP de Pazos
1 comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas:
Dereitos do Neno,
Linguaxe de signos
19 nov 2009
Así ven os nenos/as de A Rúa os seus dereitos
Que tal se pechamos os ollos, escoitando Imagine de Jhon Lenon, e imaxinamos un mundo mellor no que todos eses dereitos se fagan realidade?
CEIP de Quintela. 20 de novembro, os dereitos da Infancia
O Día 20 de Novembro é o Día Internacional dos dereitos da Infancia.
16 nov 2009
20 anos da Convención dos dereitos dos nenos/as. Un recordo para os cativos/as de Gaza.
Este venres, 20 de novembro de 2009, celébranse os 20 anos da aprobación da Convención dos Dereitos do Neno/a. Queremos dedicar esta semana á súa conmemoración. Achegámosvos información e algunha que outra proposta. |
¿Coñeces a Convención sobre os Dereitos do Neno/a? |
É un tratado das Nacións Unidas, a primeira lei internacional sobre os dereitos do neno e a nena que é de cumprimento obrigatorio para os países que a aceptaron. Está formada por 54 artigos que buscan protexer ós cativos/as para que poidan medrar sans e felices, expresando libremente as súas opinións. Podedes ver o seu contido enteiro no enlace do Seminario Galego de Educación para a Paz. Estes problemas non só afectan ós países pobres, ás veces tamén están presentes nos países ricos. En 1998 UNICEF pensou en como dar a coñecer os dereitos da infancia de forma creativa e divertida, pediulle ós creadores/as e directores/as de todo o mundo que fixeran curtametraxes de 30 segundos sobre algúns dos dereitos da Convención. Este vídeo recolle algunhas das curtametraxes de debuxos animados, realizados por animadores/as de todo o planeta. |
E que tal se vos animades a facer algún debuxo relacionado cos dereitos dos nenos/as para colocalos no blog o vindeiro venres?
...
Un recordo especial para os nenos/as de Gaza.
Queremos mandarlle un bico moi grande dende aquí a tódolos cativos/as de Gaza. Coñecemos que agora teñen un muro que os encerra e que sabemos que lles poñerá algo tristes. Se caeu o muro de Berlín, estamos seguros/as que ese muro algún día caerá tamén.
Victor Jara puxo música a un poema de Miguel Hernández,
El niño yuntero.
Unha canción-denuncia que, desgraciadamente, segue de actualidade :-(
Roni recomenda ler:
Cobertor de estrelas, de Ricardo Lisías.
Para os máis grandes do cole (3º ciclo), Roni recoméndavos a lectura deste libro, escrito por Ricardo Lisías que fala dos nenos/as das favelas brasileiras; abandonados, sen familia, pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, tentando defenderse de todo tipo de violencia.
Para reflexionar sobre outras realidades diferentes das nosas, pero non tan lonxanas, onde os dereitos dos nenos e nenas en moitas ocasións non son respectados.
Outros enlaces:
TVE dedica esta semana a defender os dereitos da infancia
Case 3000 nenos/as desamparados en Galicia
O 95% dos nenos/as con discapacidade, excluídos da escola Publica