Partindo do Conto "Sacapenas" de Anthony Browne, xurdiu a iniciativa Sacapenas para Gaza, na que día a día se van sumando centros educativos de toda Galicia.
A idea é enviar pequenos bonecos "Sacapenas", realizados polos nenos/as, para outros nenos/as coma eles, pero que se atopan en hospitais e situacións desfavorecidas en Gaza.
Despois de ler o conto "descubrimos" o blog dos sacapenas, observamos os que fixeran noutros colexios e onde os enviaron logo.
Todos metidos nunha caixa e cunha carta llos mandarán nun avión.
Como queriamos que os pais/nais tamén participasen, pensamos que sería interesante facelo con eles. Así que levamos os sacapenas "espidos" para poder vestilos na casa.
Cada quen deseñou o seus sacapenas para levalo de "modelo".
Levamos tamén unha carta explicando ás familias a iniciativa.
Xa vos iremos amosando como nos van quedando os sacapenas, e outros traballos sobre o tema.
Publicado no blog de educación infantil de 4-5 anos do CEIP Pedro Antonio Cerviño.
Estaba desexando ver ós nenos e nenas do CEIP Antonio Cerviño facendo sacapenas. Paréceme boa idea a que tivestes informando ós pais e nais sobre a iniciativa. Xa me tarda ver o resultado final.
ResponderEliminarUn biquiño de bolboretas para todos e todas
Por certo que na web de Kalandraka, se fan eco da iniciativa, porque estiveron polo colexio e preguntaron ó velos por alí colgados.
ResponderEliminarhttp://www.kalandraka.com/blog/?p=3527