Falamos cunha ONG que se vai encargar de que chegue ao seu destino.
Tamén van traducila ao seu idioma, para que a comprendan.
Ola, nenos e nenas palestinos:
Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo, en Galicia (España).
Mandámosvos sacapenas para sacar o voso medo. Compartídeos e poñédeos debaixo da almofada. Contádelle unha pena a cada un porque así quedaredes máis tranquilos.
Queremos que pare a guerra dunha vez por todas e que non morran máis persoas. Que dialoguen os xefes de Gaza e Israel.
Moitos bicos de todos e todas e que os sacapenas vos poñan contentos.
Mario, Candela, Sergio, Soukaina, Álvaro, Anira, Rubén, Yanira, Nico, Cristina G., Laura, Néstor, Andrea, Pedro, Ían, Hanane, Antón, Celeste, Cristina O., Inés e Santi
A carta percorrerá 4000 kilómetros, o que podedes observar neste mapa.
Visualizar o mapa ampliado
13 comentarios:
-
Estes sacapenas feitos con tanto esmero e cariño seguro que lograrán tranquilizar aos nenos e nenas, como di Cristina.
Felicidades por este traballo. -
Parabens por esa iniciativa tan bonita. Seguro que os nenos e nenas de Gaza van sentirse menos tristes con eses Sacapenas.
-
Estupenda iniciativa. Todo polos nenos, que son a víctimas máis inocentes nos conflictos.
-
Unha idea fermosa; seguro que ten bos resultados, o cariño sempre o ten.
-
É unha iniciativa fermosa.
Como debemos facer os sacapenas para donar?
unha aperta! -
qué idea tan bonita...Ogallá chegara a Gaza unha pequena parte do cariño que hai neses bonecos.
-
Aos mozos e mozas de O Segrel e a moitos profes encantounos a idea de fabricar Sacapenas para os nen@s de Gaza e xa estamos argallando como facelo. Así que xa sabedes, contade con nós para levar adiante esta fermosísima iniciativa.
Bicos de mel dende Fene !! -
Liliana, grazas polas túas palabras. Os sacapenas nós fixémolos con pasta de madeira (figuras planas), teas recortadas e pegadas para a roupa e plastilina para ollos, nariz e boca. Simplemente utilizamos este procedemento para que fosen máis sinxelos para os nenos e nenas, pero poden facerse como é a tradición guatemalteca: con dous paus cruzados e coséndolle teas.
-
Grazas,compañeiras de Quintela, por valorar o traballo e a solidaridade dos nenos e nenas do CEIP A Rúa.
Un bico de Cangas a Moaña, pola "vía rápida". -
Ao profesorado e aos mozos e mozas do Segrel:
Agradecémosvos de corazón que vos sumedes a esta iniciativa. Contamos convosco. A ver se atopamos algún medio de facer o envío, por agora aínda non temos nada concertado.
Xa que chega o entroido,
bicos de chulas dende Cangas!!! -
Emilio,o resultado xa está aquí, o teu cariño recibímolo en forma de comentario e sumarémolo ós que enviaremos ata Gaza.
Grazas -
Adelaida, ten por seguro que chegará a Gaza empuxado polo teu alento.
Un bico afectuoso dende Cangas. -
Endora, grazas polo teu comentario. Estou de acordo, os nenos e nenas son as víctimas inocentes dos conflitos bélicos e, non só iso, probablemente arrastrarán as secuelas de por vida, sendo adultos que medrarán no resentimento. Por todo isto, educar para a paz é o noso labor máis salientable.
Unha aperta afectuosa dende Cangas
Que bonita iniciativa Xose!!
ResponderEliminarPois se te animas a participar, xa sabes... proxecto semanal Sacapenas para Gaza, logo recollémosvolos e encargámonos de envialos aos seus destinatarios :-)
ResponderEliminarEn Malpica tamén estamos interesados en sacar algunha pena, anque sexa pequeniña. Andamos a ver como o organizamos.
ResponderEliminarParabens pola iniciativa que nos fai tomar parte activa para que as penas deixen de ser singulares e se fagan plurales e compartidas.
Olga, moitas grazas por sumarvos á iniciativa para restar penas.
ResponderEliminarEn canto teñades os sacapenas listos, fotografádelos, avisádenos e incluiremos as imaxes neste blog. Unha aperta.