Os cativos de 1º estamos moi tristes pola guerra de Gaza.
O outro día a profe Ana leunos o libro Sacapenas. Fala da tradición guatemalteca de colocar sacapenas, monecos pequeniños, debaixo da almofada por cada pena ou preocupación que teñas, así desaparecerá.
Decidimos enviarlles ós pícaros/as de Gaza uns sacapenas elaborados coas nosas mans. Acompañarémolos cunha carta que estamos a redactar.
Estes días falamos de moitas cousas:
-"Temos que parar esta guerra XA! Cos sacapenas non imos parala " :-( , dicía Soukaina.
- "Xa sabemos que non imos parala, pero os nenos quedarán máis tranquilos", comentaba Cristina.
-"Para unha pena tan grande necesitabamos un sacapenas tan grande coma un coloso", engadía Sergio.
Animamos a tódolos nenos e nenas do cole a que tamén elaboren sacapenas para envialos a Gaza, son moitos e están moi tristes, seguro que o agradecerán.
Aquí deixámosvos unhas fotos do que estamos a facer.
En canto teñamos redactada a carta colgarémola no blog.
7 comentarios:
-
¿En que medio de transporte viaxaran os sacapenas?
-
Probablemente farano en avión, pois con tanto temporal vai ser difícil que cheguen en barco ;-)
-
qué bonecos tan bonitiños...
-
Os nenos e nenas de Malpica, tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
¿Cantas penas poderemos sacar entre todos/as?
Grazas por tomar a iniciativa. -
Os nenos e nenas de Malpica tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
¿Cantas penas sacaremos entre todos?
Grazas por tomar a iniciativa. -
Grazas, Adelaida,pola túa sensibilidade. Foron feitos con moito amor e ilusión e iso nótase.
Unha aperta dende Cangas. -
Leo, que felices nos facedes sumándovos á nosa iniciativa!
Grazas a vós por compartila connosco.
Non sei se sacaremos moitas penas pero axudaremos a coser algunhas feridas abertas, estou segura!!
Unha aperta afectuosa a todos e todas
Os nenos de 3º de Celeiro-Viveiro queren comezar esta bonita andaina con vos.
ResponderEliminarCeip.antonio.pedrosa@............
A profe é Pilar, e está a traballar con moitos ánimos.
Mándovos o meu correo:garciaalonso@edu.xunta.es
ResponderEliminarPilar García Alonso.Por favor, espero orientacións. Un saúdo
Pilar ( a profe)