Primeiro, estivemos ollando o blog para comprender a orixe e a dimensión desta iniciativa.
Logo conversamos sobre como elaboralos.
Temos varias ideas: a avoa de Adrián vainos ensinar a súa técnica: cun soporte de madeira e cravos, a profe M. Carmen ensinaranos a facer pequenas monecas recheas de miraguano e outras con lá...
Estamos desexando aprender, xa quedamos para o luns e, mesmo estamos dispostas a traballar na casa, "aínda que sexa pola noite, no noso momento de relax, vendo a nosa serie favorita".
Alguén propuxo enviar unha mensaxe nunha botella, a ver se chega a Gaza, ó parecer hai casos nas que teñen chegado moi lonxe, ata Australia!!
Esta marabillosa iniciativa está a xuntar ás familias do CEIP A Rúa e ás do IES de Fene, que vexo nesa primeira foto. As bibliotecas escolares galegas seguimos acortando distancias e tentando derrubar muros.
ResponderEliminarPARABÉNS POLO VOSO MAGNÍFICO TRABALLO.
Apertas dende Fene
Foi o exemplo das vosas familias o que nos levou a pensar que tamén nós poderiamos organizar un obradoiro de pais e nais, e está resultando francamente positivo e interesante, só botamos en falla a presenza masculina (hai que matizar: un pai enviounos algunha moneca feita na casa)
ResponderEliminarCompartimos saberes, pastas e paté, apoiámonos nas que teñen máis experiencia e habilidade, rímonos, escoitamos música, facemos deberes na casa...en fin, convivimos na busca dun obxectivo común. Grazas por axudarnos a alcanzalo.
Unha aperta dende Cangas