Publicado no seu blog o martes 10 de marzo de 2009
Comezamos con 1º e 4º de ESO.
Fixemos dous grupos, según o modelo que querían facer. Uns elixiron as monecas pequeniñas, e outros as das trenzas.
Logo repartiuse o traballo, uns dedicáronse a montar as monecas cos corpos que xa tiñamos feitos, pero outros dixeron que non, que o que eles querían era aprender a facer toda a moneca, corpo incluído.¡Canto interese amosaron!
Hoxe baixarán os de 2º de ESO e o xoves os de 3º
As monecas están a quedar moi ben, pero o mellor de todo e o entusiasmo e a ilusión coa que están a traballar.
Velaí tedes unha mostra do que están a facer, esperamos que vos gusten...
Actualizado o martes as 19.00 horas
E chegaron os de 2º e non o fixeron nada mal.
Algunha nai non vai crer o que podedes ver nestas fotos...
Como xa vos contamos os Sacapenas sairon do centro e Begoña, membro do noso Club de Lectura de pais, nais e profesorado; nos trouxo un novo modelo de moneca e xa tentamos facer un que non quedou moi mal, non para ser o primeiro...
Como podedes comprobar, no noso centro hai moita xente implicada nesta fermosa iniciativa.
15 comentarios:
-
Que gusto da ver a rapazas e RAPACES agarrando unha agulla e creando eses bonecos tan bonitos e con esa finalidade, unha actividade moi pero que moi completa. Saúdos tamén a esas "profas": Mª Carmen, Sabela e Loly.
Bicosss... -
Si que da gusto, Encarna.
Algunha nai non pode crer que sexa posible que o seu "fillo" teza unha moneca como as rapazas, e ai os tes, encantados facendo Sacapenas.
Realmente estamos moi contestas coa resposta do noso alumnado. -
Encántame ver esas fotos. Que ben que esta actividade estea tendo esa resposta entre os maiores, verdade?
Mañá empezamos nós! Xa vos contaremos.
Bicos costureiros desde a Biblio de Pazos. -
¡Se os ven súas nais!Esta é a proba de que... convíntemente motivado, un adolescente é capaz ATA DE COSEEEEEEER.
Por Tutatis: Canto dá de sí unha biblioteca Escolar! -
Por alusións,por Tutatis e por ****(autocensura)que non o podo crer!!!. A foto "DESE", non estará trucada?, que co potochop faise de todo, anque logo de ver outras de ex aOs que lles din plástica,plantexareime o tema da "agnosticidade". Noraboa a esAs profes e a es@s alumn@s. Tamén a "ESE"
Emocióname ver aos mozos e as mozas poñendo tanto empeño neste proxecto solidario. Unha maneira moi fermosa de canalizar esa enerxía que eles/elas teñen, debemos tomar nota.
ResponderEliminarHoxe, a titora dun dos grupos de 4º de ESO, mentras facíamos Sacapenas na hora de titoría co seu alumnado, comentou o positivo desta experiencia, polo moitísimo que aporta aos nosos rapaces e rapazas, facendo ademáis fincapé nese aspecto que ti recalcas, a canalización de enerxías.
ResponderEliminarApertas dende Fene