16 dic. 2009

Bo Nadal 2009 e Próspero Aninovo!

A Comunidade educativa do C.E.I.P. A Rúa quere desexarvos a todos e todas un Bo Nadal 2009 e o mellor para este novo ano que comeza.


2 dic. 2009

Os dereitos da infancia dende Malpica, Moaña, Ferrol e Cangas

Isto foi o que puidemos facer dentro das nosas posibilidades.
Unha fusión da visión de nenos/as de distintas partes de Galicia sobre os Dereitos Humanos.
Que bonito!
Apetecíanos incluír os debuxos dentro da presentación que fixeron no CEIP Milladoiro de Malpica con fotos de Sebastiao Salgado, pero non fomos quen :-(



23 nov. 2009

O Segrel do Penedo (IES de Fene), 20 aniversario dos Dereitos dos Nenos/as

20 de Novembro, 20 aniversario dos Dereitos dos Nenos/as


Hoxe, 20 de novembro, celébrase o 20 aniversario da Convención do Dereitos dos Nenos e Nenas.

Esta Convención é un tratado das Nacións Unidas que recolle en 54 artigos todos os dereitos -civís, culturais, económicos, políticos e sociais- dos menores de 18 anos.

Os gobernos, aceptando os principios desta Convención, comprométense a protexer os dereitos de nenos, nenas e xoves.

Pero hoxe, 20 anos despois desa Convención, os datos dinnos que eses dereitos non están a ser respectados:
  • 126 millóns de nenos e nenas están a ser explotados laboralmente no mundo.
  • 250.000 nenos e nenas reclutados para as guerras en distintos países do mundo.
  • 1 de cada 12 nenos morre antes dos 5 anos.
Que están a facer os gobernos para que estes dereitos sexan respectados e protexidos?

Que estamos a facer nós para que isto sexa así?



Para ver, ler e saber máis...
Os Dereitos d@s Nen@s
Educared

A Convención
Unicef

Lecturas
O Meu Libro dos Dereitos
Mafalda Reivindica Os Dereitos dos Nenos

El País Semanal - Reportaxe
"Nuestro Pequeño Mundo"

Imaxes
Fotogalería El País
The Rights of the Child - Unicef (1)
The Rights of the Child - Unicef (2)

Xogos
Unicef

CEIP Milladoiro, Dereitos Humanos

21.11.09

Dereitos humanos


Mixbook - Create Beautiful Photo Books and Scrapbooks! | View Sample Photo Books | Create your own Photo Book

O vindeiro Día 10 conmemoraremos o aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Para introducir o resto das actividades que temos preparadas, preparamos esta presentación. Se pinchas aquí verála desplegadiña coma un libro.


As fotos son todas de Sebastiao Salgado.

Mira AQUÍ a presentación que fixeron Os falcatrueiros


Declaración dos Dereitos dos nenos/as en Galego

CEIP de Andrade. 20 de novembro, Un día para a reflexión

19/11/09

20 de novembro. Un día para a reflexión





O venres ,20 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos de Nenas e Nenos, ou Día Mundial da Infancia. Neste enlace atoparedes a enumeración e explicación destes dereitos:





UN TEXTO PARA A REFLEXIÓN. Clica na imaxe para ver o texto completo.


CAMPAÑA DE PUBLICIDADE CONTRA O CASTIGO FÍSICO INFANTIL:


TAMÉN TEMOS DEBERES: "DEREITOS E DEBERES DAS NENAS E NENOS."


O CEIP de Pazos celebra dos Dereitos dos nenos e nenas

viernes 20 de noviembre de 2009

Celebramos os Dereitos dos nenos e nenas




Hoxe celebramos na Biblioteca este día importante para nós.
* Na hora do recreo, a profe Mª Carmen contounos o conto de "O lobo sen rabo" que andaba esfameado, e tamén un dos contos de "Babar".
* Máis tarde, o segundo e o terceiro ciclo visitamos a exposición dos libros; vimos os nosos blogues, e algúns dos outros coles e falamos sobre os nosos dereitos e os nosos deberes
* "Nin un biquiño á forza" é un dos libros que vos recomendamos porque axúdanos a pensar e reflexionar a partir dun formato moi sinxelo na violencia en xeral e nas relacións cos demais.
Coma sempre quedan as fotos de recordo.

viernes 20 de noviembre de 2009

Dereitos do Neno e da Nena




CEIP de Pazos, os dereitos dos nenos en linguaxe de signos

Linguaxe de signos: DEREITOS DO NENO














19 nov. 2009

Así ven os nenos/as de A Rúa os seus dereitos

Estes son algúns dos chulos debuxos que, con moito esmero, fixeron os alumnos/as do CEIP A Rúa para ilustrar os Dereitos da Infancia. Esperamos que vos gusten.

View all
Get your own


Protexer ós nenos e nenas está nas nosas mans:





Para que un soño se faga realidade, hai que desexalo con moita intensidade.
Que tal se pechamos os ollos, escoitando Imagine de Jhon Lenon, e imaxinamos un mundo mellor no que todos eses dereitos se fagan realidade?



CEIP de Quintela. 20 de novembro, os dereitos da Infancia

Entrada publicada na Biblioteca do Cole, do CEIP de Quintela (Moaña).

O Día 20 de Novembro é o Día Internacional dos dereitos da Infancia.





16 nov. 2009

20 anos da Convención dos dereitos dos nenos/as. Un recordo para os cativos/as de Gaza.

Este venres, 20 de novembro de 2009, celébranse os 20 anos da aprobación da Convención dos Dereitos do Neno/a.

Queremos dedicar esta semana á súa conmemoración. Achegámosvos información e algunha que outra proposta.




¿Coñeces a Convención sobre os Dereitos do Neno/a?

É un tratado das Nacións Unidas, a primeira lei internacional sobre os dereitos do neno e a nena que é de cumprimento obrigatorio para os países que a aceptaron.

Está formada por 54 artigos que buscan protexer ós cativos/as para que poidan medrar sans e felices, expresando libremente as súas opinións.

Podedes ver o seu contido enteiro no enlace do Seminario Galego de Educación para a Paz.


Aínda que numerosos países posúen leis que protexen a infancia, moitos non as cumpren. Isto significa que moitos pícaros/as viven acotío en situacións de pobreza, sen fogar, sen educación, en situacións de abandono, afectados por enfermidades que se poderían previr, sen protección das leis...






Estes problemas non só afectan ós países pobres, ás veces tamén están presentes nos países ricos.







En 1998 UNICEF pensou en como dar a coñecer os dereitos da infancia de forma creativa e divertida, pediulle ós creadores/as e directores/as de todo o mundo que fixeran curtametraxes de 30 segundos sobre algúns dos dereitos da Convención.


Este vídeo recolle algunhas das curtametraxes de debuxos animados, realizados por animadores/as de todo o planeta.









E que tal se vos animades a facer algún debuxo relacionado cos dereitos dos nenos/as para colocalos no blog o vindeiro venres?



...


Un recordo especial para os nenos/as de Gaza.



Queremos mandarlle un bico moi grande dende aquí a tódolos cativos/as de Gaza. Coñecemos que agora teñen un muro que os encerra e que sabemos que lles poñerá algo tristes. Se caeu o muro de Berlín, estamos seguros/as que ese muro algún día caerá tamén.


O muro de Gaza


...


Victor Jara puxo música a un poema de Miguel Hernández,
El niño yuntero.

Unha canción-denuncia que, desgraciadamente, segue de actualidade :-(








...


Roni recomenda ler:
Cobertor de estrelas, de Ricardo Lisías.
Para os máis grandes do cole (3º ciclo), Roni recoméndavos a lectura deste libro, escrito por Ricardo Lisías que fala dos nenos/as das favelas brasileiras; abandonados, sen familia, pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, tentando defenderse de todo tipo de violencia.

Un libro triste pero cunha migalliña de esperanza.

Para reflexionar sobre outras realidades diferentes das nosas, pero non tan lonxanas, onde os dereitos dos nenos e nenas en moitas ocasións non son respectados.






Outros enlaces:

TVE dedica esta semana a defender os dereitos da infancia
Case 3000
nenos/as desamparados en Galicia
O 95% dos nenos/as con discapacidade, excluídos da escola