24 may 2009

Xa temos listos todos os sacapenas!!

Xa temos tódolos Sacapenas feitos, ó final tamén se apuntaron os nosos compañeiros/as da E.E.I "Cerdeiras" tamén de Campo Lameiro, así que cos seus Sacapenas e os nosos que faltaban por traer conseguimos ter unha chea deles.

Agora tan só temos que envialos a Gaza, pero antes imos a escribir unha carta, para que a traduzan e poidan entendela cando lla enviemos xunto ós Sacapenas.

Xa vos amosaremos a nosa carta e como os imos a enviar.

20 may 2009

O Faro de Vigo faise eco da exposición e do envío de sacapenas a Gaza

O luns día 18 de maio inauguramos a exposición dos sacapenas feitos no CEIP A Rúa (por alumnado e ANPA) e os elaborados pola Asociación Juan XXIII.

Os alumnos/as de ámbolos dous centros explicaron con toda clase de detalles o seu traballo e o ilusionados/as que estaban ó participar nesta iniciativa.



A noticia saíu publicada no diario o Faro de Vigo, de onte, e podedes lela no enlace.

19 may 2009

Exposición dos sacapenas no CEIP A Rúa

O luns 18 de maio inauguramos no CEIP A Rúa a exposición dos máis de 200 sacapenas que elaboramos.
Participa tamén a Asociación Juan XXIII cos seus orixinais monecos/as.
Estarán expostos ata o 1 de xuño e despois, directos a Gaza.

Dous alumnos/as representantes de cada aula e varios da Asociación Juan XXIII explicáronlle ós medios de comunicación por que e para quen fixeron os sacapenas. Tamén lles amosaron a técnica que utilizaron.

Colaboraron na decoración do carrusel onde están expostos os sacapenas todos os nenos e nenas do centro. Cada curso decorou unha letra da palabra SACAPENAS ¡¡Foron supercreativos/as!!
Tamén escribiron unha chuvia de palabras por cada letra, todas moi, moi fermosas:


S ---soños, solidaridade, sentimentos...
A---alegría, almofada, axuda...
C---caricias, colaboración, convivencia...
A---amizade, amor, amigo...
P---paz, protección, precioso...
E---entusiasmo, emoción, especial...
N---nenez, nocturnos, nana...
A---amigos, alegría...
S---seguros, soños...


11 may 2009

Vídeo-conto dos "Sacapenas" do CEIP Antonio Cerviño, ¿quérelo ver?

Os nenos/as de infantil da aula de 4 e 5 anos, ilustramos cos nosos debuxos e grabamos as nosas voces, para poder contarvos o "conto do Sacapenas".

¿Quérelo ver?


Versión do conto "Os Sacapenas" de Anthony Browne, feita polos alumnos/as de Ed. Infantil 4-5 anos, no curso 2008-2009

Deixa o teu comentario...

¿Que che pareceu o noso conto?, podes deixar aquí os teus comentarios.

10 may 2009

Os Sacapenas para Gaza nos Medios

Publicado no seu blog o xoves 7 de maio de 2009

Onte, alumnado e profesorado do noso centro presentamos ante distintos medios de comunicación a iniciativa "Sacapenas para Gaza".

Xan Morales, de RadioFusión, convocounos o martes ás 11.30 na Casa do Concello de Fene pois según el "Unha iniciativa tan fermosa hai que dala a coñecer".

Cando chegamos a nosa sorpresa foi enorme xa que alí estaban a xefa de prensa do alcalde, Pitusa de RadioFusión, as cámaras de Localia TV, fotógrafos... en fin todo un despliegue de medios aos que, temos que confesar, non estamos acostumados, pero o motivo pagaba a pena.

Contamos como unha iniciativa, que xurdira no CEIP A Rúa, se espallara a través das Bibliotecas Escolares por distintos centros de Galicia. Como foi acollida no noso centro e os pasos que seguimos para a elaboración dos bonecos onde non só se implicaron profesorado e alumnado senón tamén as familias.

Para nós foi todo un orgullo e moi emocionante escoitar a Laura e Roberto, alumnos de 2º e 4º de ESO, contar o que supuxo para eles esta experiencia. Laura expresou o seu desexo de que se volvera a repetir "xa que é un bonito xeito de que os nenos e nenas aos que van destinados estes bonecos sintan o noso cariño", mentres que para Roberto foi "Unha iniciativa que permitía ofrecerlle a nenos e nenas que están a vivir nunha época difícil a oportunidade de xogar, algo que para nós forma parte da normalidade, pero que no seu caso é un luxo case inalcanzable"

O noso alcalde Iván Puentes, alabou o traballo que se está a desenvolver dende o noso centro "que está á vangarda na formación non só académica, senón tamén na formación de persoas solidarias e comprometidas" e engadiu "Estas experiencias que valen para formar veciños e veciñas solidarios contarán sempre co apoio do Concello"

Hoxe a noticia aparece recollida en distintos medios.
RadioFusión
Fene Cidadán
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia

Esta semana intentaremos achegarvos o documento sonoro dende Radio Barullo.

(Actualizado o venres 8 de maio)
En Radio Barullo xa tedes á vosa dispoción esa gravación prometida.

Dende O Segrel do Penedo queremos agradecer a Xan Morales que fixera posible esta fermosa presentación en "sociedade" dos nosos Sacapenas.