27 mar 2009

Dende Malpica ata Gaza

Boa viaxe!

Publicado no blog do CEIP Milladoiro 27-3-09


Aló van. Camiño de Gaza. As bonecas que levan moitos bicos, como dixeron os rapaces na carta.
A proporción paréceme sorprendente: 160 bonecas de 217 escolares. Se temos en conta que, na meirande parte dos casos, se fixeron fóra do tempo escolar... ¡excelente!
Estou a escribir esto e oíndo a un parbulito que pregunta no pasillo ¿Onde están os sacapenas?.
Parei. Veño de acompañalo e ver a caixa que os leva para facer esa longuísima viaxe que esperamos remate cun final feliz e sen sobresaltos.¡Había que verlle a cara ó neno! Van a Gaza, dixo.Sen máis.
A mesa que os albergou durante todos estes día, e que medraba cada mañá, está agora valeira.
Oxalá sempre toparamos a maneira de meter a vida real na escola dun xeito tan productivo, positivo e educativo.
Felicitamos desde esta fiestra a quenes tiveron a idea e nola regalaron, de maneira que se fixo grande, compartida e aínda máis solidaria. Se cabe.

...un último abrazo

Publicado no blog do CEIP de Milladoiro o 25-03-09


Antes de envialos, os parbulitos e os de 1º, danlle o último abrazo a estas marabillas que tan amorosamente fixeron en familia.
Os de 1º, foron dirixidos polas delicadas mans de Tudita, a súa profe.
Mañá avisaremos á compañía de transporte para que veñan venres recoller o envío.
Seguiremos informando.

26 mar 2009

SACAPENAS para GAZA e UNHA VISITA...

Publicado no blog do CEIP de Pazos, o xoves 26 de marzo de 2009


¿Verdade que é fermoso ver escrito BIBLIOTECA en árabe?

Coa música de fondo de Tontxu "Los muñecos Quitapenas", hoxe recibimos a visita de Nagi e Aya, os responsables de traducir a carta que acompañará aos bonecos SACAPENAS a Gaza.

* Esta é a versión en árabe:

اعزاءي اطفال وبنات غزة

نحن اطفال ثانوية الباسوس في مدينة **فيرول** باقليم *قاليسيا* بمملكة اسبانيا نرسل لكم هذه الدمي التي صنعناهابايدينامع كل حبنا واملنا ان تساعدكم وان تزيح عنكم كل الهم في لحظة وانتم نيام وهية تسمي ازالة الالم

حكاية هذه الدمي في الاصل اتت من اقواتيمالا حيث كان الاطفال في هذه الدولة معتادون ان يحكو جميع ما يضايقهم لهذه الدمي قبل ان ينامو ويضعونها تحت وسائديهم وفي الصباح عندما يستيقظو يجدو كل مشاكلهم قد حلت**هذه العادة بدات بالانتشار بين كثير من اطفال العالم

املنا كلنا هو ان تتناقص الحروب في هذا العالم الي الحد الذي نستيقظ يوما ولا تكن هناك حرب **نحبكم وكلنا امل ان تتحقق جميع احلامكم *** اطفال وبنات ومعليمي ثانوية الباسوس

Premede aquí se a queredes escoitar. É unha recomendación de Chispa porque a ela gústalle moito como soa na doce voz de Aya.
* E esta é a versión en galego, que Nerea se encargou de idear, e non está gravada porque todos sabemos lela moi requetebén:

Queridos nenos e nenas de Gaza:
Somos do Colexio de Pazos de Ferrol, en Galicia (España). Mandámosvos estes bonecos sacapenas feitos por nos mesmos, con todo o noso cariño, para que as vosas preocupacións se borren nun intre, mentras durmides.

Os bonecos Sacapenas teñen a súa orixe en Guatemala. Desde fai moitos anos, os nenos guatemaltecos fabrican estes bonecos con pauciños de madeira e restos de tea e fíos. Pola noite, á hora de se deitar, cóntanlle unha preocupación a cada un deles e colócanos baixo a almohada. Deste xeito os nenos espértanse á mañán seguinte sen preocupacións. Esta costume estase a extender por distintas partes do mundo.

O noso deseo é que as guerras diminúan ata o punto de que un día xa non existan. Enviámosvos unha aperta coa esperanza de que este desexo pronto se faga realidade.

Os nenos e nenas, e o profesorado do Colexio de Pazos.

Despois desta visita subemos un pouco máis do mundo árabe; desde Mauritania, o seu país de orixe, ata Gaza, que é o fío condutor de toda esta interesante actividade.

Achegámonos ao mapa, soubemos da súa escritura, de como len, e ensináronos un libro de contos e contestaron ás interminables preguntas cunha paciencia...

Nagi fixo unha lectura compartida do conto de Kalandraka "Sacapenas". Compartida porque puidemos escoitala alternativamente nas dúas linguas; nós liamos en galego e el, en árabe. Como son linguas tan distintas e teñen unha sonoridade tan diferente, causábanos unha marabillosa sensación; foi un regalo para os nosos oídos.


Por último, Chispa sabía que debía agasallar aos nosos invitados cun recordo da nosa Biblioteca, e que mellor que "Sacapenas" para cando naza a súa filla Sofía? Para que cando xa entenda un pouquiño poidan contarlle esta historia tan bonita. Como nos contaron que non falta moito, desexámoslles que sexan moi felices con esa nova chegada e esperamos velos moi axiña. Ah!! E non esquecemos que nas dedicatorias que nos deixaron escritas, Aya expresou o seu desexo de que Sofía sexa unha futura alumna do noso colexio. Tomamos nota!


Bicos e moitas, moitas grazas aos dous!

E agora deixámosvos coas fotos:



Bolboretas de ilusión

Os "piratas", da aula de educación infantil de 4 anos do CEIP A Rúa elaboraron estas bolboretas para os nenos de Gaza


PINTAMOS PARA QUE
TODOLOS NENOS E NENAS
DO MUNDO VIVAN EN PAZ





OS NENOS/AS DE 4 ANOS, TAMÉN PENSAMOS NOS NENOS/AS DE GAZA,

E DENDE AQUÍ QUEREMOS FACERLLES CHEGAR ESTAS BOLBORETAS CHEAS DE ILUSIÓN QUE PINTAMOS PARA ELES.

25 mar 2009

... e aínda non rematamos

Noticia publicada no blog do CEIP Milladoiro, o día 24 de marzo


Grazas por tanta dedicación, por tanto mimo, por tanto traballo minucioso... Grazas.
non nos fartamos de dicilo porque estamos realmente emocionadas pola resposta dos nenos e nenas e das familias.
Emociona ver como cada día van chegando máis, cada cal máis bonito, cada cal con máis detalles...
Non están todos, pero imos deixándovos algunhas imaxes para que vaiades disfrutando ós pouquiños.

Sacapenas de 2º, CEIP Milladoiro (Malpica)

Publicado no seu blog o 21-3-09


Estes son os nenos e nenas de 2º cos seus sacapenas. As mamás esmeráronse de certo colaborando na confección dos bonecos ¿Víchedes que bonitos?
Estes van sacar as penas de noite...¡e de día!
Grazas a todas por tanto esmero, tanto mimo, tanto detalle... tanto cariño.

1 comentarios:

Chispa dijo...

Son preciosos! Esas familias merecen un premio como o que van recibir; saber que eses bonecos viaxarán tan lonxe e cun fin tan solidario.
Saúdos moi agarimosos desde a Biblio de Pazos.

SACAPENAS, POEMA VISUAL. Feliz Día Mundial da Poesía

Publicado no blog da biblioteca do CEIP de Pazos, o sábado 21 de marzo de 2009

Hoxe cúmprense dous anos desde que escribimos por vez primeira estas palabras:

Benvidos e benvidas ao noso blog que nace coa primavera e quere chegar moi axiña a todos os fogares do noso cole.

¿Recordades? O 21 de marzo de 2007. Así que temos moito que celebrar e que agradecer a este espazo que nos comunica con vós, que nos ledes e nos seguides. Celebramos poder seguir contando novas da nosa Biblioteca e do noso Cole, e estamos ilusionados, tanto coma no principio, ou máis, en levar a cabo os nosos proxectos.

Estes son os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Primaria cos primeiros pasos na elaboración dos Sacapenas; esa marabillosa idea. E este é o seu poema visual.

Un poema visual?

E, que mellor motivo que o que nos ocupa estes días para celebrar o Día Mundial da Poesía?

FELIZ DÍA A TODOS E TODAS!

4 comentarios Enlaces a esta entrada

24 mar 2009

As primeiras monecas do obradoiro de nais do CEIP A Rúa


Aproveitamos a ocasión para darvos unha boa nova,
xa temos a todo o cole fabricando sacapenas!!

Estamos felices e agradecemos sinceramente a colaboración de todos e todas :-)

17 mar 2009

Os/as rapaces/as do Segrel do Penedo implicados/as a tope!!

Publicado no seu blog o martes 10 de marzo de 2009

E despois do obradoiro das profes, como xa vos comentei, chegou o dos rapaces e rapazas e aquí os tedes moi implicados na tarefa.

Comezamos con 1º e 4º de ESO.

Fixemos dous grupos, según o modelo que querían facer. Uns elixiron as monecas pequeniñas, e outros as das trenzas.

Logo repartiuse o traballo, uns dedicáronse a montar as monecas cos corpos que xa tiñamos feitos, pero outros dixeron que non, que o que eles querían era aprender a facer toda a moneca, corpo incluído.¡Canto interese amosaron!

Hoxe baixarán os de 2º de ESO e o xoves os de 3º

As monecas están a quedar moi ben, pero o mellor de todo e o entusiasmo e a ilusión coa que están a traballar.

Velaí tedes unha mostra do que están a facer, esperamos que vos gusten...



Actualizado o martes as 19.00 horas

E chegaron os de 2º e non o fixeron nada mal.

Algunha nai non vai crer o que podedes ver nestas fotos...

Como xa vos contamos os Sacapenas sairon do centro e Begoña, membro do noso Club de Lectura de pais, nais e profesorado; nos trouxo un novo modelo de moneca e xa tentamos facer un que non quedou moi mal, non para ser o primeiro...

Como podedes comprobar, no noso centro hai moita xente implicada nesta fermosa iniciativa.

15 comentarios:

Andrade39A dijo...

Que gusto da ver a rapazas e RAPACES agarrando unha agulla e creando eses bonecos tan bonitos e con esa finalidade, unha actividade moi pero que moi completa. Saúdos tamén a esas "profas": Mª Carmen, Sabela e Loly.
Bicosss...

O Segrel do Penedo dijo...

Si que da gusto, Encarna.
Algunha nai non pode crer que sexa posible que o seu "fillo" teza unha moneca como as rapazas, e ai os tes, encantados facendo Sacapenas.
Realmente estamos moi contestas coa resposta do noso alumnado.

Chispa dijo...

Encántame ver esas fotos. Que ben que esta actividade estea tendo esa resposta entre os maiores, verdade?
Mañá empezamos nós! Xa vos contaremos.
Bicos costureiros desde a Biblio de Pazos.

olga dijo...

¡Se os ven súas nais!Esta é a proba de que... convíntemente motivado, un adolescente é capaz ATA DE COSEEEEEEER.
Por Tutatis: Canto dá de sí unha biblioteca Escolar!

xarela dijo...

Por alusións,por Tutatis e por ****(autocensura)que non o podo crer!!!. A foto "DESE", non estará trucada?, que co potochop faise de todo, anque logo de ver outras de ex aOs que lles din plástica,plantexareime o tema da "agnosticidade". Noraboa a esAs profes e a es@s alumn@s. Tamén a "ESE"

O CEIP de Pazos súmase á iniciativa: "SACAPENAS PARA GAZA"

Publicado no seu blog o luns 16 de marzo de 2009

Sumámonos a esta marabillosa iniciativa do CEIP a Rúa, de Cangas do Morrazo, que pouco e pouco van secundando outras bibliotecas e coles. Xa levamos días traballando esta idea, vendo que modelos podemos facer, que carta lles escribir, quen se encargará de traducila... Xa estamos resolvendo moitas dúbidas e dentro de pouco esperamos poder publicar as imaxes para que vexades os resultados.



Para comezar limos o conto "Sacapenas", de Anthony Browne, da Editorial Kalandraka e vimos un audiovisual que preparamos para os máis pequenos.

Ademais... PRIMICIA! Entre "O Segrel do Penedo" e nós, conseguimos contactar con Tontxu para pedirlle permiso e poder utilizar a súa canción e, por suposto que dixo que SI! Podemos contar coa súa música!

Deixámosvos a súa letra: "LOS MUÑECOS QUITAPENAS" - Tontxu

Los muñecos quitapenas
quitan las penas que tengo,
se las cuento muy bajito
y me las curan en silencio.

Y debajo de mi almohada,
duermen siempre mis muñecos
y si tengo alguna pena
yo sin ella me despierto.
Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros,
explícame que hago yo contando penas a muñecos,
será más bien, que creo en ti.


La cajita del club de la
buena estrella me acompaña,
un erizo un caballito,
caracolas encantadas.

Le dan vida a mi cajita,
lo que en playas infinitas
de la arena recogiste,
lo guardaste y me lo diste.

Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros,
explícame que hago yo confiando en aquellos objetos,
será más bien, que creo en ti, mi amor.

Mi amuleto eres tú,
mis conjuros te reclaman,
y entre misteriosas sombras apareces,
con tu pócima encantada
y beberé, para convertirme en duende,
y evitar que el frío hechizo de la vida
me condene a ser un hombre.

Eh, eheehe, eheeeee... dindaralaralaaha

La cestita de la buena suerte
tengo en mi mesilla,
me la trajo en uno de sus viajes
(quién) la bruja María.

Me asegura su buena suerte,
y salud hasta la muerte,
y volando con su escoba
se despide para siempre (adiós).

Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros,
explícame que hago yo creyendo en todo lo que creo,
será más bien, que creo en tí mi amor.

Mi amuleto eres tú, mis conjuros te reclaman,
y entre misteriosas sombras apareces,
con tu pócima encantada
y beberé, para convertirme en duende,
y evitar que el frío hechizo de la vida
me condene a ser un hombre.

Eh, eheehe, eheeeee... dindaralaralaaha

1 comentarios:

Loly dijo...

Nós, coa vosa autorización e sen que sirva de precedente imos "copy & paste" este fermoso artigo para compartilo no noso blog.
Grazas pola referencia.
Apertas dende Fene.

16 mar 2009

Tres xeneracións colaborando xuntas


Para ver a galería de imaxes sobre o obradoiro do CEIP A Rúa, preme na imaxe


13 mar 2009

Nais e avoas, mans á obra, no CEIP A Rúa

Hoxe xuntámonos no CEIP A Rúa unhas cantas nais e algunha avoa para poñernos mans á obra e iniciar a elaboración dos sacapenas.




Primeiro, estivemos ollando o blog para comprender a orixe e a dimensión desta iniciativa.








Logo conversamos sobre como elaboralos.






Temos varias ideas: a avoa de Adrián vainos ensinar a súa técnica: cun soporte de madeira e cravos, a profe M. Carmen ensinaranos a facer pequenas monecas recheas de miraguano e outras con lá...



Estamos desexando aprender, xa quedamos para o luns e, mesmo estamos dispostas a traballar na casa, "aínda que sexa pola noite, no noso momento de relax, vendo a nosa serie favorita".
Alguén propuxo enviar unha mensaxe nunha botella, a ver se chega a Gaza, ó parecer hai casos nas que teñen chegado moi lonxe, ata Australia!!

6 mar 2009

Fabricando Sacapenas no CEIP Milladoiro de Malpica

Publicado no blog do CEIP Milladoiro, o 5 de marzo de 2009



Xa estamos en pleno proceso de fabricación. Os dos máis pequenos irán esta fin de samana para as casas para facelos en familia. Outros fanse aquí. Por exemplo os de 5ºB, de onde procede a imaxa.
Tiñades que ver a aula chea de fíos, las, telas... ¡un remexo!
Se queredes ver máis fotos, entrade no blog de

1 mar 2009

A nosa iniciativa conflúe co convoi internacional


Preme na imaxe para poder vela a tamaño máis grande




Aviso importante para proceder ós envíos

Compañeiros/as:

A Fundación Araguaney pídenos que os envíos, ó ser internacionais, deben ir acompañados dun listado detallado de todo o que vai nos paquetes, indicando o nº de unidades. Podedes remitilo por correo electrónico, se así o considerades, a este enderezo:

formacion@araguaney.com

(Á atención de Amina Sabbouh López)

Tamén nos piden que as caixas que enviemos estean cheas, xa que, se son moi lixeiras, cóbranlles por volume.

Reproducimos aquí as palabras de Amina, felicitándonos a todos e todas pola iniciativa:

Me parece que os habéis adelantado a todo el mundo, porque ahora parece ser que en Gaza de medicamentos ya están cubiertos y lo que más piden son precisamente juguetes para los niños, te paso el link en español de la web del convoy y adjunto el cartel de la campaña que han sacado. Enhorabuena a todo los niños que han participado y los profes que los ayudáis”

Unha aperta afectuosa a todos e todas.