25 mar. 2009

SACAPENAS, POEMA VISUAL. Feliz Día Mundial da Poesía

Publicado no blog da biblioteca do CEIP de Pazos, o sábado 21 de marzo de 2009

Hoxe cúmprense dous anos desde que escribimos por vez primeira estas palabras:

Benvidos e benvidas ao noso blog que nace coa primavera e quere chegar moi axiña a todos os fogares do noso cole.

¿Recordades? O 21 de marzo de 2007. Así que temos moito que celebrar e que agradecer a este espazo que nos comunica con vós, que nos ledes e nos seguides. Celebramos poder seguir contando novas da nosa Biblioteca e do noso Cole, e estamos ilusionados, tanto coma no principio, ou máis, en levar a cabo os nosos proxectos.

Estes son os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Primaria cos primeiros pasos na elaboración dos Sacapenas; esa marabillosa idea. E este é o seu poema visual.

Un poema visual?

E, que mellor motivo que o que nos ocupa estes días para celebrar o Día Mundial da Poesía?

FELIZ DÍA A TODOS E TODAS!

4 comentarios Enlaces a esta entrada

No hay comentarios:

Publicar un comentario