17 mar 2009

Os/as rapaces/as do Segrel do Penedo implicados/as a tope!!

Publicado no seu blog o martes 10 de marzo de 2009

E despois do obradoiro das profes, como xa vos comentei, chegou o dos rapaces e rapazas e aquí os tedes moi implicados na tarefa.

Comezamos con 1º e 4º de ESO.

Fixemos dous grupos, según o modelo que querían facer. Uns elixiron as monecas pequeniñas, e outros as das trenzas.

Logo repartiuse o traballo, uns dedicáronse a montar as monecas cos corpos que xa tiñamos feitos, pero outros dixeron que non, que o que eles querían era aprender a facer toda a moneca, corpo incluído.¡Canto interese amosaron!

Hoxe baixarán os de 2º de ESO e o xoves os de 3º

As monecas están a quedar moi ben, pero o mellor de todo e o entusiasmo e a ilusión coa que están a traballar.

Velaí tedes unha mostra do que están a facer, esperamos que vos gusten...



Actualizado o martes as 19.00 horas

E chegaron os de 2º e non o fixeron nada mal.

Algunha nai non vai crer o que podedes ver nestas fotos...

Como xa vos contamos os Sacapenas sairon do centro e Begoña, membro do noso Club de Lectura de pais, nais e profesorado; nos trouxo un novo modelo de moneca e xa tentamos facer un que non quedou moi mal, non para ser o primeiro...

Como podedes comprobar, no noso centro hai moita xente implicada nesta fermosa iniciativa.

15 comentarios:

Andrade39A dijo...

Que gusto da ver a rapazas e RAPACES agarrando unha agulla e creando eses bonecos tan bonitos e con esa finalidade, unha actividade moi pero que moi completa. Saúdos tamén a esas "profas": Mª Carmen, Sabela e Loly.
Bicosss...

O Segrel do Penedo dijo...

Si que da gusto, Encarna.
Algunha nai non pode crer que sexa posible que o seu "fillo" teza unha moneca como as rapazas, e ai os tes, encantados facendo Sacapenas.
Realmente estamos moi contestas coa resposta do noso alumnado.

Chispa dijo...

Encántame ver esas fotos. Que ben que esta actividade estea tendo esa resposta entre os maiores, verdade?
Mañá empezamos nós! Xa vos contaremos.
Bicos costureiros desde a Biblio de Pazos.

olga dijo...

¡Se os ven súas nais!Esta é a proba de que... convíntemente motivado, un adolescente é capaz ATA DE COSEEEEEEER.
Por Tutatis: Canto dá de sí unha biblioteca Escolar!

xarela dijo...

Por alusións,por Tutatis e por ****(autocensura)que non o podo crer!!!. A foto "DESE", non estará trucada?, que co potochop faise de todo, anque logo de ver outras de ex aOs que lles din plástica,plantexareime o tema da "agnosticidade". Noraboa a esAs profes e a es@s alumn@s. Tamén a "ESE"

2 comentarios:

  1. Emocióname ver aos mozos e as mozas poñendo tanto empeño neste proxecto solidario. Unha maneira moi fermosa de canalizar esa enerxía que eles/elas teñen, debemos tomar nota.

    ResponderEliminar
  2. Hoxe, a titora dun dos grupos de 4º de ESO, mentras facíamos Sacapenas na hora de titoría co seu alumnado, comentou o positivo desta experiencia, polo moitísimo que aporta aos nosos rapaces e rapazas, facendo ademáis fincapé nese aspecto que ti recalcas, a canalización de enerxías.
    Apertas dende Fene

    ResponderEliminar