30 abr 2009

(2008-2009) ¡¡Xa chegaron os primeiros Sacapenas!! (CEIP Pedro Antonio Cerviño)

Publicado na web de Pedro Antonio Cerviño

* infantil 4-5 anos

Como xa vos contamos, levamos os nosos Sacapenas para "vestilos" na casa cos nosos pais/nais. (máis información na entrada anterior a esta)

Hoxe chegaron xa os primeiros Sacapenas "vestidiños", viñan todos moi elegantes.



A medida que os vaiamos traendo, xunto cos compañeiros da aula de 3 e 4 anos, os imos ir pendurando no corredor, para que todos vexan o ben que nos quedaron.



Cando os teñamos todos, enviarémolos á Gaza.



De momento só temos 8 pero seguro que moi pronto xa os temos todos feitos.



A ver se algún outro curso se anima a facer os seus sacapenas para envialos cos nosos.Rindo

24 abr 2009

Levamos os SACAPENAS para "vestilos" na casa (CEIP Pedro Antonio Cerviño)

Partindo do Conto "Sacapenas" de Anthony Browne, xurdiu a iniciativa Sacapenas para Gaza, na que día a día se van sumando centros educativos de toda Galicia.

A idea é enviar pequenos bonecos "Sacapenas", realizados polos nenos/as, para outros nenos/as coma eles, pero que se atopan en hospitais e situacións desfavorecidas en Gaza.

Despois de ler o conto "descubrimos" o blog dos sacapenas, observamos os que fixeran noutros colexios e onde os enviaron logo.
Todos metidos nunha caixa e cunha carta llos mandarán nun avión.

Como queriamos que os pais/nais tamén participasen, pensamos que sería interesante facelo con eles. Así que levamos os sacapenas "espidos" para poder vestilos na casa.

Cada quen deseñou o seus sacapenas para levalo de "modelo".

Levamos tamén unha carta explicando ás familias a iniciativa.


Xa vos iremos amosando como nos van quedando os sacapenas, e outros traballos sobre o tema.

Publicado no blog de educación infantil de 4-5 anos do CEIP Pedro Antonio Cerviño.

Os sacapenas de 2º ciclo do CEIP A Rúa


O noso colexio tivo unha iniciativa moi bonita na que colaboran máis colexios. Trátase de que todos os nenos, nais, pais... fagan sacapenas para os nenos e nenas de Gaza, que é un país pobre que está en guerra e grazas a unha ONG o conseguimos.

Os nenos e nenas de segundo ciclo fixemos sacapenas. Se vos apetece facer algún, aquí están os pasos para facelo:

1. Enrolamos la nun libro.
2. Despois de quitar a la do libro puxémoslle o pelo e cortamos a parte de abaixo.
3. Fixemos a cabeza cunha boliña de papel hixiénico.
4. Collémoslle desde que acaba a cabeza ata a cintura e agarrámolo con un trociño de la.
5. Os brazos e as pernas fixémolos con trenzas.
6. E por último puxémoslle os ollos, o nariz e a boca de coloríns.

Está explicado no debuxo que segue:


Tamén atopamos unha canción en internet sobre os sacapenas:

Os monecos sacapenas quitan as penas que teño
Eu cóntollas moi baixiño e cúranmas en silencio.
E debaixo da miña almofada dormen sempre os meus monecos
E se teño algunha pena eu sen ela me esperto.

Aquí podedes ver todas as fotos

22 abr 2009

Os chulísimos sacapenas da Asociación Juan XXIII

A Asociación Juan XXIII é unha organización que leva 40 anos traballando na procura da mellora da calidade de vida das persoas con Discapacidade intelectual e das súas familias.

Somos unha asociación sen ánimo de lucro que conta con Centros de ensino e Centros ocupacionais distribuídos polo radio da provincia de Pontevedra.

O noso principal obxectivo de cara ó traballo céntrase en ofrecer os apoios necesarios ás persoas con discapacidade intelectual, tendo en conta en cada momento as capacidades individuais de cada un dos nosos usuarios.

O Centro ocupacional Juan XIII de Cangas atende na actualidade a 45 usuarios, maiores de 21 anos. Todos eles acuden aos distintos servizos que integran o noso Centro, composto de unidades especializadas e talleres ocupacionais.



Na unidade de centro de día para persoas maiores de 45 anos pensamos que sería divertido elaborar uns monecos sacapenas co material que normalmente utilizamos para confeccionar colgantes, pendientes...




Estamos convencidos/as que participar nesta iniciativa é unha experiencia enriquecedora e cargada de valores humans.






Os usuarios das unidades especiais confeccionamos uns monecos sacapenas con espumas de diferentes cores. O resultado ¡Xa o vedes! Monecos moi divertidos, personalizados e, sobre todo...¡Cheos de tenrura!







Cada un de nós procura demostrar as habilidades artísticas e sobre todo achegar grandes doses de bos propósitos para axudar aos demáis a ser un pouquiño máis felices.







Tivemos a xenial idea de coller os carozos do millo e...¡menudos sacapenas con denominación de orixe! ¡Típical Galicia!











Gustounos desde un principio poder participar nesta inciativa. A verdade é que nos sentimos orgullosos/as de poder demostrar as nosas capacidades e poder axudar a outras persoas.






O material que empregamos foron bolas de madeira de distintos tamaños, cordón de cola de rato negro e...¡moita imaxinación!









A verdade é que cun sorriso así non se me vai resistir ningún neno que queira compartir comigo momentos inolvidables.











Espero que con estes sacapenas axudemos a persoas que están pasando momentos difíciles.







Son unha auténtica forofa do Real Madrid Club de Fútbol, así que pensei que podería facer un sacapenas do meu equipo.

16 abr 2009

Sacapenas de 6º, CEIP A Rúa

Publicado no seu blog o xoves 16 de abril de 2009











Os sacapenas

A lenda conta que se lle contabas as túas penas a un sacapenas e despois o puñas debaixo da almofada, o día seguinte sacábache as penas.

Esta lenda comezou en Guatemala.

Para confeccionar un sacapenas precísase: Agulla, teas, fío, tesoiras, fibra ou algodón, Super Glue, lá, moita paciencia e imaxinación.

1) Dóbrase unha tea e debúxase a silueta dun sacapenas. Despois, cuidadosamente, cósese a silueta, e despois recórtase a silueta cunha marxe e deixando un buraco sen coser para enchelo.

2) Enchese o sacapenas con fibra ou algodón e cosese o burato que deixamos antes.







3) Cósenselle fíos de lá á cabeza para face-lo pelo.

4) Por último fáiselle a roupa con teas que sobraron.

Así foi o traballo: BONECOS SACAPENAS PARA GAZA (CEIP de Pazos)

Publicado por CEIP de Pazos (Ferrol), martes 14 de abril de 2009 (Ver entrada ampliada no seu blog)

Cando semanas atrás contabamos que nos sumabamos á iniciativa do CEIP A Rúa de enviar bonecos Sacapenas a Gaza, faltounos por ensinarvos as fotos dos obradoiros. Sobre estas liñas e tamén debaixo delas, tedes aos máis pequenos, aos nenos e nenas de Infantil. Mirade que bonecos tan preciosos fixeron. A que teñen boa maña?

E os nenos e nenas de Primaria tamén traballaron arreo. Uns serraron as figuriñas de madeira para despois vestilas; coseron, pegaron, debuxaron; anoaron cordóns, las de cores...

Desde o CEIP de Pazos, desexamos que os nosos bonecos SACAPENAS cheguen a eses nenos e nenas de Gaza moi axiña, e que lles poidan transmitir todo o agarimo que levan gardado nos seus CORAZÓNS de TRAPO.

Carta para Gaza

CARTA PARA GAZA

Publicado no blog de CEIP Montemogos

20090406125525-imgp3040.jpg

Beluso, 1 de abril de 2009.

Estimados nenos e nenas de Gaza:

Somos as nenas e nenos do CEIP Montemogos de Beluso. Gustaríanos axudarvos a aliviar un pouco as vosas penas, e para tal fin, elaboramos para vós uns " sacapenas" que vos enviamos. A nosa idea é que con eles poidades por un momento, esquecervos da guerra, non estar tristes e poder xogar un pouquiño. Cando vaiades durmir podedes colocalos baixo a almofada. Esperamos que os coidedes con cariño, coma co que nós as fixemos para vós. Que esta guerra se acabe será o mellor para todos!

Ímosvos contar algo sobre o noso cole.

O noso colexio é moi grande. Hai aproximadamente uns 166 nenos e nenas. Os profesores e profesoras nos ensinan moito e moi ben. Temos dúas pistas para poder xogar, donde podemos facelo tranquilos sen pensar que pode cair algunha bomba dun avión... e non temos ruídos extraños que producen as guerras.

Temos unha biblioteca moi grande e con moitos libros; un salón de actos donde facemos festivais, vemos películas...; un ximnasio moi frío e un aula de informática donde podemos consultar información... e donde localizamos Gaza, a 4000 quilómetros de distancia do noso pobo.

Desexamos que esta carta que vos enviamos vos guste e vos anime. Isto é o que pretendemos!

Moitos bicos e abrazos dos nenos e nenas do cole de Beluso.BesoBesoBeso


CARTAS EN ÁRABE E HEBREO

As nenas e nenos de sexto curso intentamos traducir a nosa carta ao árabe e hebreo, idiomas que se falan en Israel e Palestina.

Esperamos que as poidan entender!

CARTA TRADUCIDA AO ÁRABE

Beluso ، واحدة في نيسان / أبريل 2009.
عزيزي أطفال غزة :
نحن الأولاد والبنات من الصف السادس لكلية Montemogos Beluso في بونتفيدرا واسبانيا.
نود أن تساعد ، ولهذا وضعنا بعض sacapenas دمى الى حزن وسوف لا يمكن ان تلعب بها قليلا وننسى الحرب.
عندما تذهب إلى الفراش حتى تتمكن من وضع وسادة تحت قيادتكم. بعناية ، على أمل أن الحب التي لدينا.
ونحن نتحدث عن المدرسة. كبيرة جدا وهناك نحو 166 طفل. المعلمون تعلمنا كثيرا وبشكل جيد.
لدينا مسارين للعب حيث لا يمكننا سماع أصوات غريبة الهادئة التي تسببها الحروب.
لدينا أيضا مكتبة كبيرة مع العديد من الكتب ، ومختبر الحاسوب حيث يمكن العثور على غزة الى 4000 ميلا ، وقاعة الجمعية العامة ، والعديد من الفصول الدراسية...
نريد أن نفرح ايتا تلقي الرسالة نكتب إليكم ببالغ المحبة. القبلات والعناق.

CARTA TRADUCIDA AO HEBREO

Beluso, אחד באפריל 2009.
ילדים יקרים של עזה:
אנחנו בנים ובנות מ השישית כיתה למכללה Montemogos Beluso ב פונטוודרה, ספרד.
היינו רוצים לעזור, ועל כך פיתחנו כמה sacapenas בובות ששלחתי לך להצטער ואתה לא יכול לשחק איתם קצת ו לשכוח את המלחמה.
מתי אתה הולך לישון כל כך אתה יכול לשים מתחת לכרית. בזהירות עם מקווים כי האהבה שיש לנו.
אנחנו מדברים על בית הספר שלנו. מאוד גדול ויש בערך 166 ילדים. המורים ללמד אותנו הרבה מאוד ו טוב.
יש לנו שני מסלולים כדי לשחק בו אנחנו לא יכולים לשמוע שקט נשמע מוזר נגרמת על ידי מלחמות.
יש לנו גם ספרייה גדולה עם הרבה ספרים, מחשב מעבדה, שבו אנחנו יכולים לאתר את עזה עד 4000 קילומטרים מהמקום, בית עם, כיתות רבות ...
אנחנו רוצים לקבל מכתב eta לגהוץ אנו כותבים לך ועם הרבה חיבה. נשיקות ו hugs.

2 abr 2009

Aquí están os sacapenas do CEIP Montemogos

SACAPENAS PARA GAZA

20090329235356-imgp3043.jpg

Nenos e nenas do noso cole estamos a participar na elaboración duns "sacapenas" para enviar a Gaza, en colaboración co CEIP A RÚA de Cangas de Morrazo.

Que son estes "sacapenas"?

A idea do sacapenas xurdiu na aula de primeiro curso de primaria do Ceip A Rúa, donde, nenos e nenas, pensaron que poderían axudar a meniños e meniñas de Gaza a esquecer un pouco o medo que causa unha guerra. O seu obxectivo é que lle poidan contar unha pena( para poder quedar máis tranquilos), colocándoos debaixos das súas almofadas.

Pero...por que sacapenas para Gaza? Que sucede alí?

O actual conflicto de Gaza comezou o 27 de decembro de 2008 e continúa na actualidade.

A chamada "Franja de Gaza" é unha estreita franxa de terra situada no Oriente Próximo, ao sureste de Israel e ao noroeste da península do Sinaí.

Dentro de Israel hai dúas áreas que están gobernadas polos palestinos. Estas áres son: A Franxa de Gaza e Cisjordania. Os palestinos eclaan que estas dúas áreas sexan recoñecidas como un país independiente con estado palestino, co que non están de acordo os israelitas. (Este conflicto entre israelitas e palestinos xa ven desde a Primeira Guerra Mundial).

Na Franxa de Gaza viven aproximadamente un millón de habitantes, a maioría musulmáns.

As condicións de vida son moi malas debido ao bloqueo israelí, dependendo así económicamente da axuda humanitaria.

Ben, por todo isto xurde esa idea. Nós consideramos que poderíamos darlle aos nenos e nenas aos que irán destinados os nosos agasallos, un pequeno momento de alegría e ilusión como a que temos nós facendo isto para tal fin.

Un bico para todos eles.

29/03/2009 23:56 Autor: sara e clara. #.