16 abr 2009

Así foi o traballo: BONECOS SACAPENAS PARA GAZA (CEIP de Pazos)

Publicado por CEIP de Pazos (Ferrol), martes 14 de abril de 2009 (Ver entrada ampliada no seu blog)

Cando semanas atrás contabamos que nos sumabamos á iniciativa do CEIP A Rúa de enviar bonecos Sacapenas a Gaza, faltounos por ensinarvos as fotos dos obradoiros. Sobre estas liñas e tamén debaixo delas, tedes aos máis pequenos, aos nenos e nenas de Infantil. Mirade que bonecos tan preciosos fixeron. A que teñen boa maña?

E os nenos e nenas de Primaria tamén traballaron arreo. Uns serraron as figuriñas de madeira para despois vestilas; coseron, pegaron, debuxaron; anoaron cordóns, las de cores...

Desde o CEIP de Pazos, desexamos que os nosos bonecos SACAPENAS cheguen a eses nenos e nenas de Gaza moi axiña, e que lles poidan transmitir todo o agarimo que levan gardado nos seus CORAZÓNS de TRAPO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario