30 abr 2009

(2008-2009) ¡¡Xa chegaron os primeiros Sacapenas!! (CEIP Pedro Antonio Cerviño)

Publicado na web de Pedro Antonio Cerviño

* infantil 4-5 anos

Como xa vos contamos, levamos os nosos Sacapenas para "vestilos" na casa cos nosos pais/nais. (máis información na entrada anterior a esta)

Hoxe chegaron xa os primeiros Sacapenas "vestidiños", viñan todos moi elegantes.



A medida que os vaiamos traendo, xunto cos compañeiros da aula de 3 e 4 anos, os imos ir pendurando no corredor, para que todos vexan o ben que nos quedaron.



Cando os teñamos todos, enviarémolos á Gaza.



De momento só temos 8 pero seguro que moi pronto xa os temos todos feitos.



A ver se algún outro curso se anima a facer os seus sacapenas para envialos cos nosos.Rindo

No hay comentarios:

Publicar un comentario