22 abr 2009

Os chulísimos sacapenas da Asociación Juan XXIII

A Asociación Juan XXIII é unha organización que leva 40 anos traballando na procura da mellora da calidade de vida das persoas con Discapacidade intelectual e das súas familias.

Somos unha asociación sen ánimo de lucro que conta con Centros de ensino e Centros ocupacionais distribuídos polo radio da provincia de Pontevedra.

O noso principal obxectivo de cara ó traballo céntrase en ofrecer os apoios necesarios ás persoas con discapacidade intelectual, tendo en conta en cada momento as capacidades individuais de cada un dos nosos usuarios.

O Centro ocupacional Juan XIII de Cangas atende na actualidade a 45 usuarios, maiores de 21 anos. Todos eles acuden aos distintos servizos que integran o noso Centro, composto de unidades especializadas e talleres ocupacionais.



Na unidade de centro de día para persoas maiores de 45 anos pensamos que sería divertido elaborar uns monecos sacapenas co material que normalmente utilizamos para confeccionar colgantes, pendientes...




Estamos convencidos/as que participar nesta iniciativa é unha experiencia enriquecedora e cargada de valores humans.






Os usuarios das unidades especiais confeccionamos uns monecos sacapenas con espumas de diferentes cores. O resultado ¡Xa o vedes! Monecos moi divertidos, personalizados e, sobre todo...¡Cheos de tenrura!







Cada un de nós procura demostrar as habilidades artísticas e sobre todo achegar grandes doses de bos propósitos para axudar aos demáis a ser un pouquiño máis felices.







Tivemos a xenial idea de coller os carozos do millo e...¡menudos sacapenas con denominación de orixe! ¡Típical Galicia!











Gustounos desde un principio poder participar nesta inciativa. A verdade é que nos sentimos orgullosos/as de poder demostrar as nosas capacidades e poder axudar a outras persoas.






O material que empregamos foron bolas de madeira de distintos tamaños, cordón de cola de rato negro e...¡moita imaxinación!









A verdade é que cun sorriso así non se me vai resistir ningún neno que queira compartir comigo momentos inolvidables.











Espero que con estes sacapenas axudemos a persoas que están pasando momentos difíciles.







Son unha auténtica forofa do Real Madrid Club de Fútbol, así que pensei que podería facer un sacapenas do meu equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario