24 abr 2009

Levamos os SACAPENAS para "vestilos" na casa (CEIP Pedro Antonio Cerviño)

Partindo do Conto "Sacapenas" de Anthony Browne, xurdiu a iniciativa Sacapenas para Gaza, na que día a día se van sumando centros educativos de toda Galicia.

A idea é enviar pequenos bonecos "Sacapenas", realizados polos nenos/as, para outros nenos/as coma eles, pero que se atopan en hospitais e situacións desfavorecidas en Gaza.

Despois de ler o conto "descubrimos" o blog dos sacapenas, observamos os que fixeran noutros colexios e onde os enviaron logo.
Todos metidos nunha caixa e cunha carta llos mandarán nun avión.

Como queriamos que os pais/nais tamén participasen, pensamos que sería interesante facelo con eles. Así que levamos os sacapenas "espidos" para poder vestilos na casa.

Cada quen deseñou o seus sacapenas para levalo de "modelo".

Levamos tamén unha carta explicando ás familias a iniciativa.


Xa vos iremos amosando como nos van quedando os sacapenas, e outros traballos sobre o tema.

Publicado no blog de educación infantil de 4-5 anos do CEIP Pedro Antonio Cerviño.

2 comentarios:

  1. Estaba desexando ver ós nenos e nenas do CEIP Antonio Cerviño facendo sacapenas. Paréceme boa idea a que tivestes informando ós pais e nais sobre a iniciativa. Xa me tarda ver o resultado final.

    Un biquiño de bolboretas para todos e todas

    ResponderEliminar
  2. Por certo que na web de Kalandraka, se fan eco da iniciativa, porque estiveron polo colexio e preguntaron ó velos por alí colgados.

    http://www.kalandraka.com/blog/?p=3527

    ResponderEliminar