16 nov 2009

20 anos da Convención dos dereitos dos nenos/as. Un recordo para os cativos/as de Gaza.

Este venres, 20 de novembro de 2009, celébranse os 20 anos da aprobación da Convención dos Dereitos do Neno/a.

Queremos dedicar esta semana á súa conmemoración. Achegámosvos información e algunha que outra proposta.




¿Coñeces a Convención sobre os Dereitos do Neno/a?

É un tratado das Nacións Unidas, a primeira lei internacional sobre os dereitos do neno e a nena que é de cumprimento obrigatorio para os países que a aceptaron.

Está formada por 54 artigos que buscan protexer ós cativos/as para que poidan medrar sans e felices, expresando libremente as súas opinións.

Podedes ver o seu contido enteiro no enlace do Seminario Galego de Educación para a Paz.


Aínda que numerosos países posúen leis que protexen a infancia, moitos non as cumpren. Isto significa que moitos pícaros/as viven acotío en situacións de pobreza, sen fogar, sen educación, en situacións de abandono, afectados por enfermidades que se poderían previr, sen protección das leis...






Estes problemas non só afectan ós países pobres, ás veces tamén están presentes nos países ricos.







En 1998 UNICEF pensou en como dar a coñecer os dereitos da infancia de forma creativa e divertida, pediulle ós creadores/as e directores/as de todo o mundo que fixeran curtametraxes de 30 segundos sobre algúns dos dereitos da Convención.


Este vídeo recolle algunhas das curtametraxes de debuxos animados, realizados por animadores/as de todo o planeta.









E que tal se vos animades a facer algún debuxo relacionado cos dereitos dos nenos/as para colocalos no blog o vindeiro venres?



...


Un recordo especial para os nenos/as de Gaza.



Queremos mandarlle un bico moi grande dende aquí a tódolos cativos/as de Gaza. Coñecemos que agora teñen un muro que os encerra e que sabemos que lles poñerá algo tristes. Se caeu o muro de Berlín, estamos seguros/as que ese muro algún día caerá tamén.


O muro de Gaza


...


Victor Jara puxo música a un poema de Miguel Hernández,
El niño yuntero.

Unha canción-denuncia que, desgraciadamente, segue de actualidade :-(








...


Roni recomenda ler:
Cobertor de estrelas, de Ricardo Lisías.
Para os máis grandes do cole (3º ciclo), Roni recoméndavos a lectura deste libro, escrito por Ricardo Lisías que fala dos nenos/as das favelas brasileiras; abandonados, sen familia, pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, tentando defenderse de todo tipo de violencia.

Un libro triste pero cunha migalliña de esperanza.

Para reflexionar sobre outras realidades diferentes das nosas, pero non tan lonxanas, onde os dereitos dos nenos e nenas en moitas ocasións non son respectados.






Outros enlaces:

TVE dedica esta semana a defender os dereitos da infancia
Case 3000
nenos/as desamparados en Galicia
O 95% dos nenos/as con discapacidade, excluídos da escola

No hay comentarios:

Publicar un comentario