22 jul 2009

O CEIP Antonio Cerviño recibe unha carta

Recibimos unha carta de "agradecemento" polos nosos sacapenas

Uns días antes de rematar o colexio recibimos un carta, era un pouco rara, porque parecía que dentro tiña algo porque viña "gordiña".

Miguel que era o encargado ese día foi quen a abriu, descubirmos que viña dun colexio chamado "A Rúa" de Cangas, que queda un pouco lonxe do noso cole.

Según nos contaron os profes Óscar e Ángela, ese cole foi o primeiro que tivo a idea de enviar os sacapenas a Gaza.

¿Para que nos mandarían unha carta?

Dentro viña unha carta onde nos daban as GRAZAS por enviar os nosos sacapenas, cunhas palabras moi bonitas, ata descubirmos que viña escrito Grazas en árabe, como a carta que enviamos cos sacapenas.

Pero sabedes algo?... dentro viña unha sorpresiña xunto á carta, por iso era tan "gordiña", un pequeno sacapenas para nos... fíxonos tanta gracia que llo ensinamos (xunto ca carta) ós nosos compañeiros de primeiro que tamén enviaron os seus sacapenas.

En nome dos nenos e nenas de infantil do C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño, grazas por enviarnos esta carta que nos fixo tanta ilusión, e noraboa a tódolos que, coma nos, participaron no proxecto de "sacapenas para Gaza".

http://sacapenasparagaza.blogspot.com/

Estos son os sacapenas que enviaron a tódolos centros participantes, e que foron publicados no blog dos sacapenas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario