17 feb 2009

Como organizarnos

Compañeiros/as:

Estamos felices de compartir convosco a proposta de enviar Sacapenas aos nenos e nenas de Gaza. Co ánimo de buscar un lugar común onde atoparnos, presentámosvos o blog “Sacapenas para Gaza”:

http://sacapenasparagaza.blogspot.com

Desexamos que participedes achegando os vosos sacapenas, propostas, comentarios, informacións, suxestións... A idea inicial é que o xestionemos dende o CEIP A Rúa. Pensamos que poderiades publicar nos vosos respectivos blogs as vosas entradas e, mediante un correo, avisarnos para incluílas no blog dos Sacapenas. Que vos parece?

Respecto dos envíos a Gaza, estamos pendentes de que a Fundación Aguaraney nos indique cando e como envialos, vía Santiago ou vía Madrid. De tódolos xeitos, cremos que hai posibilidades de facer máis dun envío, así que podedes dedicarvos plenamente ó entroido. En todo caso, os sacapenas deberían estar todos listos alá para finais de marzo, para intentar envialos antes de Semana Santa. Manterémosvos informados/as.

Se tendes algunha dúbida, aquí estamos.

Unha aperta afectuosa a todos e todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario