20 feb 2009

Os sacapenas e os dragóns da Paz do CEIP A Rúa, camiño de Gaza

Por fin, o xoves 19 de febreiro, os nosos sacapenas, elaborados polos nenos e nenas de 1º de Primaria, e os dragóns da Paz, realizados polos cativos/as de 5 anos, van camiño de Gaza.





Ilusiónanos aínda máis saber que van directamente ós hospitais, onde máis se precisan.







Estamos felices :-) pletóricos/as,
non collemos dentro de nós!!


Os nosos mellores desexos corren,
mellor dito, voan cara a Gaza.



2 comentarios:

  1. No noso cole tamén comezaremos nuns días! Parécenos unha idea moi fermosa e felicitámosvos pola vosa iniciativa!
    Saúdos agarimosos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos, en Ferrol.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, para nós é unha satisfación moi grande que a iniciativa medre. Fainos moita ilusión o traballo compartido que traspasa os muros das escolas e dos países.
    Unha morea de bicos dende Cangas ata Ferrol

    ResponderEliminar