"MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA..."

Os nosos bonecos sacapenas están listos para emprender unha longa viaxe, fixémolos con toda a ilusión de que alí onde vaian servan para que eses nenos e nenas de Gaza sexan un pouco máis felices.
Como xa tiñamos tódolos sacapenas e a traducción ó árabe da carta que escribimos (ver entradas enteriores no blog), decidimos que chegara o momento de envialos por correo ós nenos de Gaza.
O primeiro foi facer unha lista de todo o que iamos necesitar para enviar los sacapenas.
Xunto ós compañeiros da outra aula de infantil decoramos unha caixa.
Nesa caixa cada un foi metendo o seu sacapenas que tiña pendurado no corcho, desde que o trouxera da casa.
Pouco a pouco fomos enchendo a caixa cos nosos sacapenas.
Esperamos que axiña llos poidan entregar ós nenos e nenas de Gaza.
O outro día o profe Óscar trouxo para a clase os Sacapenas que fixeramos, para metelos na caixa cos outros de infantil.
Logo na aula de informática escribimos por equipos o que nos pareceu facer os sacapenas.
Logo revisamos o noso escrito por se atopabamos algún problema.
Cando chegamos á clase cada grupo leulle ó resto ás súas creacións.
Este é o que escribimos por equipos:
Somos Andrea Ramírez Campos e Uxía Coello Rey. Seguro que os nosos Sacapenas vos vai gustar moito. Somos de 2º. FIN.
ANDREA E UXÍA.
Os meus sacapenas son moi preciosos, porque lle gustan a tódolos nenos e nenas do colexio e tamén son preciosos os dos outros nenos e nenas de outros colexios de Gaza.
ISMAEL, JOSE, XERMÁN
Os sacapenas son moit bonitos a vez que os facemos divertímonos e facémolos para os nenos e nenas de Gaza.
Esperamos que vos gusten moito.
MAICA E NOELIA.
Os sacapenas son moi bonitos porque son de cores e fixémolos na casa para mandarllos ós nenos de Gaza.
ANTÍA E TAMARA.
Os sacapenas de 2º son moi bonitos porque os fixeron as nenas e os nenos de 2º, eran de cores, espero que lles gusten ós nenos de Gaza. Chau.
LARA FRAMIL, TANIA FONTENLA, MERITXELL FONTENLA
Desde que andivemos a facer Sacapenas, cada vez que escoito falar de Gaza, non podo evitar facerme as mesmas preguntas:
Con tódolos sacapenas xa no colexio, chegou o momento de preparar o envío dos mesmos á Gaza (que se fará a través de médicos do mundo).
Entre todos e todas pensamos, e fixemos unha lista, do material que iamos necesitar para enviar os nosos sacapenas.
Acordamos tamén escribirlles unha carta os nenos e nenas de Gaza, para elo entre todos redactamos a carta e por turnos todos fomos escribindo no encerado o texto acordado. Despois de borrar e arreglar a carta varias veces ó fin nos puxemos dacordo.
Para escribila no papel, dividimos a carta en varias partes e cada un foi escribindoa no papel, deste xeito acabamos axiña e participamos todos.
Como só podía escribir no papel, un de cada vez, os demáis estabamos xogando, e cando remataba un compañeiro encargábase de avisar ó seguinte, para que seguise o traballo.
Aquí tes a nosa carta ¿que che parece?...
Os compañeiros de 3-4 anos tamén escribiron a súa carta pola parte de atrás da nosa, agora só queda que a traduzan ó árabe, porque descubirmos "no ordenador" que é o idioma que se fala en Gaza.
Así quedou a carta traducida que nos enviou a Fundación Araguaney.
Démoslles as gracias "por e-mail" á "Fundación Araguaney" por traducirnos a carta.
Tamén fixemos unha nova folla para o xornal escolar "O Cervo" contando todo o traballo feito cos sacapenas, podes velas a continuación.
Hai un tempo, Oscar, o mestre de infantil, nos contou a todos unha experiencia que se está a facer tamén noutras escolas, e que ten que ver cos nenos e nenas de Gaza; nenos que están enfermos e hospitalizados a consecuencia da guerra.
Isto orixinou diálogos interesantes en torno ó que é a guerra, e a posibles solucións vistas dende os ollos dun neno ("se debe chamar á policía, que non collan pistolas e que metan na carcel ós que están disparando").
Nos contou que a través dunha ONG galega, se lles están enviando ós nenos de alí uns bonequiños chamados "sacapenas", para que non se sintan tan tristes.
Esta historia viña acompañada dun conto,
A todos nos enganchou a historia e a proposta de colaborar, así que comezamos por informarnos e buscar fotos destes nenos, de ónde e cómo vivían.
Buscamos en internet imaxes (seleccionando a mestra previamente páxinas e determinadas fotografías); e comprobamos que aínda que en moitas ocasións estaban tristes e enfermos, noutras tamén rían e estaban contentos á pesares de ter por xoguetes paos, madeiras, e cousas do contorno, nada parecido ós que temos nós.
Así os debuxamos,
Tamén pensamos en qué cousa nosa que temos na casa, nos gustaría regalarlles se estiveran máis cerquiña, xa que son máis pobres e non teñen con qué xogar.
Isto foi o que xurdiu:
-Un coche e máis un tractor.
-Unha ovella de verdade, para que coman.
-Unha muñeca.
-Un coche bonito.
-Un perro de xoguete.
-Un can pequeniño e un grande.
-Un libro para pintar.
-Unha barby.
O conto nos gustou moito, así que o limos e contamos moitas veces, todos xuntos, individualmente no recanto da biblioteca, por parellas
tamén vimos na pantalla grande o que fixo o grupo de 4 e 5 con imaxes e sonido.
Incluso fixemos portadas do conto para o recanto da bibliteca, aproveitando para traballar tamén, a diferenciación de texto e debuxo, o título, o autor, a editorial, o fondo, e a plástica.
Na escola pintamos e decoramos os nosos sacapenas, como paso previo ós que faríamos na casa cos pais, nais, abós, irmáns... e así foron chegando os primeiros sacapenas,
Ó principio eran moi poucos,
pero mirade agora cantos!!!
Como neste mes se enviarán por correo decidimos mandarllos cunha carta.
O grupo de 4 e 5 anos escribiu a súa, e nós, para non repetirnos no mesmo, a continuamos para rematala e así quedou:
Uns días despois nos chegou un e-mail. Era da ONG que se vai encargar de enviar os sacapenas e que para que os nenos de Gaza puidesen ler a carta, tivo que traducila,
Vimos as diferencias na escritura dunha lingua e outra, e todos atopábamos "Us" e "eses" nesta traducción.
Os nenos de 4 e 5 anos lles contestaron dándolle as gracias por traducir a carta e por mandarlles os sacapenas, e agora só falta facer un paquete enorme e despedirnos deles que durante este mes tanto decoraron e alegraron os pasillos do cole.
Un saúdo!
Este blog nace para aunar afectos e envialos moi lonxe, a 4000 quilómetros de distancia.
Sabemos que son moitos os nenos e nenas e que están moi tristes, que máis duras que as dores do corpo son as dores da alma, pero cando a dor se comparte é menos pesada a súa carga.
Invitamos a todos os colexios a participar nesta idea, elaborando sacapenas cos nenos/as. Logo buscaremos a forma de envialos todos a Gaza.