10 jun 2009

Os sacapenas dos nenos e nenas de 3 e 4 anos do CEIP Antonio Cerviño

Hai un tempo, Oscar, o mestre de infantil, nos contou a todos unha experiencia que se está a facer tamén noutras escolas, e que ten que ver cos nenos e nenas de Gaza; nenos que están enfermos e hospitalizados a consecuencia da guerra.

Isto orixinou diálogos interesantes en torno ó que é a guerra, e a posibles solucións vistas dende os ollos dun neno ("se debe chamar á policía, que non collan pistolas e que metan na carcel ós que están disparando").

Nos contou que a través dunha ONG galega, se lles están enviando ós nenos de alí uns bonequiños chamados "sacapenas", para que non se sintan tan tristes.

Esta historia viña acompañada dun conto,

A todos nos enganchou a historia e a proposta de colaborar, así que comezamos por informarnos e buscar fotos destes nenos, de ónde e cómo vivían.

Buscamos en internet imaxes (seleccionando a mestra previamente páxinas e determinadas fotografías); e comprobamos que aínda que en moitas ocasións estaban tristes e enfermos, noutras tamén rían e estaban contentos á pesares de ter por xoguetes paos, madeiras, e cousas do contorno, nada parecido ós que temos nós.

Así os debuxamos,

Tamén pensamos en qué cousa nosa que temos na casa, nos gustaría regalarlles se estiveran máis cerquiña, xa que son máis pobres e non teñen con qué xogar.

Isto foi o que xurdiu:

-Un coche e máis un tractor.

-Unha ovella de verdade, para que coman.

-Unha muñeca.

-Un coche bonito.

-Un perro de xoguete.

-Un can pequeniño e un grande.

-Un libro para pintar.

-Unha barby.

O conto nos gustou moito, así que o limos e contamos moitas veces, todos xuntos, individualmente no recanto da biblioteca, por parellas

tamén vimos na pantalla grande o que fixo o grupo de 4 e 5 con imaxes e sonido.

Incluso fixemos portadas do conto para o recanto da bibliteca, aproveitando para traballar tamén, a diferenciación de texto e debuxo, o título, o autor, a editorial, o fondo, e a plástica.

Na escola pintamos e decoramos os nosos sacapenas, como paso previo ós que faríamos na casa cos pais, nais, abós, irmáns... e así foron chegando os primeiros sacapenas,

Ó principio eran moi poucos,

pero mirade agora cantos!!!

Como neste mes se enviarán por correo decidimos mandarllos cunha carta.

O grupo de 4 e 5 anos escribiu a súa, e nós, para non repetirnos no mesmo, a continuamos para rematala e así quedou:

Uns días despois nos chegou un e-mail. Era da ONG que se vai encargar de enviar os sacapenas e que para que os nenos de Gaza puidesen ler a carta, tivo que traducila,

Vimos as diferencias na escritura dunha lingua e outra, e todos atopábamos "Us" e "eses" nesta traducción.

Os nenos de 4 e 5 anos lles contestaron dándolle as gracias por traducir a carta e por mandarlles os sacapenas, e agora só falta facer un paquete enorme e despedirnos deles que durante este mes tanto decoraron e alegraron os pasillos do cole.

Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario