22 jun 2009

Envío de Sacapenas a Gaza dos nenos/as de 4 e 5 anos do CEIP Pedro Antonio Cerviño

Como xa tiñamos tódolos sacapenas e a traducción ó árabe da carta que escribimos (ver entradas enteriores no blog), decidimos que chegara o momento de envialos por correo ós nenos de Gaza.

O primeiro foi facer unha lista de todo o que iamos necesitar para enviar los sacapenas.

Xunto ós compañeiros da outra aula de infantil decoramos unha caixa.


Nesa caixa cada un foi metendo o seu sacapenas que tiña pendurado no corcho, desde que o trouxera da casa.

Pouco a pouco fomos enchendo a caixa cos nosos sacapenas.

Esperamos que axiña llos poidan entregar ós nenos e nenas de Gaza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario