15 jun 2009

207 Sacapenas dende o CEIP A Rúa

Hoxe partiron os nosos SACAPENAS para Gaza.

207, nada máis e nada menos!


Estamos emocionados/as, canto daríamos por unha foto dos nenos e nenas recibindo o noso agasallo!
Quizás alguén nos escoite no outro lado do mundo e nos envíe unha foto, senón imaxinarémola, unha chuvia de sacapenas e moitas pozas de sorrisos! :-)

Queremos facer unha mención especial a Mar, nai de Cris e Antía, que, ela soíña fixo unha chea deles e todos diferentes! Grazas pola túa xenerosidade, Mar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario