5 feb 2009

Aquí tendes os sacapenas e a carta para os nenos e nenas de Gaza

Sacapenas para que os/as pícaros/as de Gaza volvan sorrir :-)


Esta é a carta que imos enviar aos nenos e nenas de Gaza.
Falamos cunha ONG que se vai encargar de que chegue ao seu destino.
Tamén van traducila ao seu idioma, para que a comprendan.



Ola, nenos e nenas palestinos:

Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo, en Galicia (España).


Mandámosvos sacapenas para sacar o voso medo. Compartídeos e poñédeos debaixo da almofada. Contádelle unha pena a cada un porque así quedaredes máis tranquilos.

Queremos que pare a guerra dunha vez por todas e que non morran máis persoas. Que dialoguen os xefes de Gaza e Israel.


Moitos bicos de todos e todas e que os sacapenas vos poñan contentos.

Mario, Candela, Sergio, Soukaina, Álvaro, Anira, Rubén, Yanira, Nico, Cristina G., Laura, Néstor, Andrea, Pedro, Ían, Hanane, Antón, Celeste, Cristina O., Inés e Santi


A carta percorrerá 4000 kilómetros, o que podedes observar neste mapa.



Visualizar o mapa ampliado

13 comentarios:

Chus dijo...

Estes sacapenas feitos con tanto esmero e cariño seguro que lograrán tranquilizar aos nenos e nenas, como di Cristina.
Felicidades por este traballo.

bibliotecadocole dijo...

Parabens por esa iniciativa tan bonita. Seguro que os nenos e nenas de Gaza van sentirse menos tristes con eses Sacapenas.

Endora dijo...

Estupenda iniciativa. Todo polos nenos, que son a víctimas máis inocentes nos conflictos.

Emilio dijo...

Unha idea fermosa; seguro que ten bos resultados, o cariño sempre o ten.

Liliana dijo...

É unha iniciativa fermosa.
Como debemos facer os sacapenas para donar?
unha aperta!

adelaida dijo...

qué idea tan bonita...Ogallá chegara a Gaza unha pequena parte do cariño que hai neses bonecos.

O Segrel do Penedo dijo...

Aos mozos e mozas de O Segrel e a moitos profes encantounos a idea de fabricar Sacapenas para os nen@s de Gaza e xa estamos argallando como facelo. Así que xa sabedes, contade con nós para levar adiante esta fermosísima iniciativa.
Bicos de mel dende Fene !!

Ana dijo...

Liliana, grazas polas túas palabras. Os sacapenas nós fixémolos con pasta de madeira (figuras planas), teas recortadas e pegadas para a roupa e plastilina para ollos, nariz e boca. Simplemente utilizamos este procedemento para que fosen máis sinxelos para os nenos e nenas, pero poden facerse como é a tradición guatemalteca: con dous paus cruzados e coséndolle teas.

Ana dijo...

Grazas,compañeiras de Quintela, por valorar o traballo e a solidaridade dos nenos e nenas do CEIP A Rúa.
Un bico de Cangas a Moaña, pola "vía rápida".

Ana dijo...

Ao profesorado e aos mozos e mozas do Segrel:

Agradecémosvos de corazón que vos sumedes a esta iniciativa. Contamos convosco. A ver se atopamos algún medio de facer o envío, por agora aínda non temos nada concertado.
Xa que chega o entroido,
bicos de chulas dende Cangas!!!

Ana dijo...

Emilio,o resultado xa está aquí, o teu cariño recibímolo en forma de comentario e sumarémolo ós que enviaremos ata Gaza.
Grazas

Ana dijo...

Adelaida, ten por seguro que chegará a Gaza empuxado polo teu alento.
Un bico afectuoso dende Cangas.

Ana dijo...

Endora, grazas polo teu comentario. Estou de acordo, os nenos e nenas son as víctimas inocentes dos conflitos bélicos e, non só iso, probablemente arrastrarán as secuelas de por vida, sendo adultos que medrarán no resentimento. Por todo isto, educar para a paz é o noso labor máis salientable.

Unha aperta afectuosa dende Cangas




4 comentarios:

  1. Pois se te animas a participar, xa sabes... proxecto semanal Sacapenas para Gaza, logo recollémosvolos e encargámonos de envialos aos seus destinatarios :-)

    ResponderEliminar
  2. En Malpica tamén estamos interesados en sacar algunha pena, anque sexa pequeniña. Andamos a ver como o organizamos.
    Parabens pola iniciativa que nos fai tomar parte activa para que as penas deixen de ser singulares e se fagan plurales e compartidas.

    ResponderEliminar
  3. Olga, moitas grazas por sumarvos á iniciativa para restar penas.
    En canto teñades os sacapenas listos, fotografádelos, avisádenos e incluiremos as imaxes neste blog. Unha aperta.

    ResponderEliminar