5 feb 2009

Sacapenas para os nenos e nenas de Gaza


Os cativos de 1º estamos moi tristes pola guerra de Gaza.

O outro día a profe Ana leunos o libro Sacapenas. Fala da tradición guatemalteca de colocar sacapenas, monecos pequeniños, debaixo da almofada por cada pena ou preocupación que teñas, así desaparecerá.

Decidimos enviarlles ós pícaros/as de Gaza uns sacapenas elaborados coas nosas mans. Acompañarémolos cunha carta que estamos a redactar.

Estes días falamos de moitas cousas:

-"Temos que parar esta guerra XA! Cos sacapenas non imos parala " :-( , dicía Soukaina.

- "Xa sabemos que non imos parala, pero os nenos quedarán máis tranquilos", comentaba Cristina.

-"Para unha pena tan grande necesitabamos un sacapenas tan grande coma un coloso", engadía Sergio.

Animamos a tódolos nenos e nenas do cole a que tamén elaboren sacapenas para envialos a Gaza, son moitos e están moi tristes, seguro que o agradecerán.

Aquí deixámosvos unhas fotos do que estamos a facer.
En canto teñamos redactada a carta colgarémola no blog.


Facendo sacapenas con pasta de madeira.



A profe Rosana tróuxonos uns sacapenas de verdade para que puideramos ollalos.

7 comentarios:

caetano dijo...

¿En que medio de transporte viaxaran os sacapenas?

Xosé dijo...

Probablemente farano en avión, pois con tanto temporal vai ser difícil que cheguen en barco ;-)

adelaida dijo...

qué bonecos tan bonitiños...

Leo dijo...

Os nenos e nenas de Malpica, tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
¿Cantas penas poderemos sacar entre todos/as?
Grazas por tomar a iniciativa.

Leo dijo...

Os nenos e nenas de Malpica tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
¿Cantas penas sacaremos entre todos?
Grazas por tomar a iniciativa.

Ana dijo...

Grazas, Adelaida,pola túa sensibilidade. Foron feitos con moito amor e ilusión e iso nótase.
Unha aperta dende Cangas.

Ana dijo...

Leo, que felices nos facedes sumándovos á nosa iniciativa!
Grazas a vós por compartila connosco.
Non sei se sacaremos moitas penas pero axudaremos a coser algunhas feridas abertas, estou segura!!
Unha aperta afectuosa a todos e todas

2 comentarios:

  1. Os nenos de 3º de Celeiro-Viveiro queren comezar esta bonita andaina con vos.
    Ceip.antonio.pedrosa@............
    A profe é Pilar, e está a traballar con moitos ánimos.

    ResponderEliminar
  2. Mándovos o meu correo:garciaalonso@edu.xunta.es
    Pilar García Alonso.Por favor, espero orientacións. Un saúdo
    Pilar ( a profe)

    ResponderEliminar