24 abr 2009

Os sacapenas de 2º ciclo do CEIP A Rúa


O noso colexio tivo unha iniciativa moi bonita na que colaboran máis colexios. Trátase de que todos os nenos, nais, pais... fagan sacapenas para os nenos e nenas de Gaza, que é un país pobre que está en guerra e grazas a unha ONG o conseguimos.

Os nenos e nenas de segundo ciclo fixemos sacapenas. Se vos apetece facer algún, aquí están os pasos para facelo:

1. Enrolamos la nun libro.
2. Despois de quitar a la do libro puxémoslle o pelo e cortamos a parte de abaixo.
3. Fixemos a cabeza cunha boliña de papel hixiénico.
4. Collémoslle desde que acaba a cabeza ata a cintura e agarrámolo con un trociño de la.
5. Os brazos e as pernas fixémolos con trenzas.
6. E por último puxémoslle os ollos, o nariz e a boca de coloríns.

Está explicado no debuxo que segue:


Tamén atopamos unha canción en internet sobre os sacapenas:

Os monecos sacapenas quitan as penas que teño
Eu cóntollas moi baixiño e cúranmas en silencio.
E debaixo da miña almofada dormen sempre os meus monecos
E se teño algunha pena eu sen ela me esperto.

Aquí podedes ver todas as fotos

1 comentario:

  1. Que bonitos quedaron estes SACAPENAS. Todos orixinais, cada un co seu toque especial.
    ¡Cantas penas van sacar!

    ResponderEliminar